Pra rematar este ano, e por non variar na Cova dos Ratos local da Asociación Cultural Caleidoskopio Rúa Romil 3, farase unha pequena festa na que os prezos seran com o un dia calquera, entrada de balde. A contra de outros locales que esa noite ou ben cobran entrada ou ben suben moito os prezos, na Cova nin cobran por entrar nin aumentan os prezos. Por outro lado e un festa tranquila e participativa, sen grandes multitudes nin excesivo barullo. Se queres unha noite de fin de ano que non se note que e fin de ano nin nos prezos nin no ambente, esta e a tua alternativa.
El mondongo es una comida típica en el río de la Plata, en Uruguay más conocido como buseca, en ocasión del 18 de diciembre día del inmigrante los uruguayos de Amigos del Urugauay invitaron a inmigrantes residentes en Vigo procedentes de distintos países a disfrutar unos buenos platos de esta típica comida.
Organizador: S.O.S. MASSÓ sábado, 19 de diciembre de 2009 Hora: 11:00 - 14:00 Quedamos na torre de Massó
Utilizarase ferramenta (fouces, sachos, angazos, etc.) que recoméndase leven @s participantes na actividade.
O xardín do Salgueirón (coñecido tamén como de don Paco) é un área de arredor de 60.000 m2 onde existen especies botánicas dos 5 continentes, entre carballos, arces, piñeiros, araucaria, loureiros, cipreses, cedros, plátanos, liquidambar, alfaneiros, pitosporos, ficus, palmeiras, oliveira, ....
Na actualidade e dende hai máis de 20 anos, coincidindo coa deriva e peche da actividade industrial das fábricas dos Hnos. Massó, este xardín está no máis absoluto abandono, pasto do lixo, da vexetación exhuberante e invasora e de axentes patóxenos.
A limpeza do xardín enmárcase nunha actividade máis da posta en valor do Salgueirón como espazo natural, patrimonial e zona verde que reivindicamos como público.
Comprácenos convidarvos á presentación do filme documental Sixty Tolos, a golpe de single dirixido por Xaime Fandiño nunha coprodución de Televisión de Galicia e Casa de Tolos. Un traballo que recopila a historia dos grupos dos anos 60 que marcaron unha época da vida viguesa.
O acto terá lugar o próximo venres 18 de decembro no Museo MARCO de Vigo sito na rúa do Príncipe nº54 , ás 19:30 h.
ENTRADA ABERTA A TODO O PUBLICO.
Este documental pecha así o proxecto "Vigo Yeyé", iniciado no ano 2008 coa grabación dun CD-DVD con temas inéditos dos grupos que conformaban a movida dos anos 60 en Vigo, e coa celebración e grabación do último concerto-reencontro destes conxuntos celebrado o pasado mes de xuño no Teatro Cultura Caixanova de Vigo e que sairá á venda o próximo 22 de decembro en exclusiva no Corte Inglés de Vigo.
Sinopse documental.
A vida e milagros daqueles pioneiros conxuntos músico-vocais do Vigo dos 60, precursores da movida dos 80 viguesa.
Cara a cara cos protagonistas dunha historia que fala de ye-yés, cabelo longo, guateques, barcos de inglesas, festivais, guitarras eléctricas....
Nos anos sesenta, vinte anos antes da mediática movida de Vigo, a cidade olívica viviu o que podemos considerar quizais a década máis rupturista da súa historia. Deste feito apenas quedan hoxe lembranzas, nunha cidade que corre toleada, excepto as que levan no seu corazón a xeración de sobrevivintes que viviron naquela especie de "Liverpool galaico".
Eran os ye-yés, os fillos dunha xeración a que lle tocou vivir os últimos estertores da guerra civil, nacidos nun país en branco e negro que se encargarían de colorear. Unha especie de apóstolos comprometidos coa nacente música electrificada. Estes ye-yés, hoxe moitos deles sexaxenarios, relátannos en primeira persoa esa experiencia singular que, a través da ruptura cos canons establecidos no tocante ao aspecto físico e á indumentaria, racharon coa tendencia que prometía a continuidade dunha sociedade con encefalograma plano.
O cabelo longo, os guateques, os barcos das inglesas, os festivais, as guitarras eléctricas e moitos máis inputs, todos eles aderezados pola música dos nacentes "conxuntos musico- vocais", marcaron unha diferenza nunca antes experimentada, entre esta especie de baby boomers e a xeración precedente. Tal foi a militancia case relixiosa dos ye-yés ante a proposta dun novo modelo de vida, que a incomprensión fixo mella nas súas costas desde todos os ámbitos da sociedade.
Os protagonistas de Sixty Tolos (a Golpe de Single) falan de ilusións, lembranzas, música... e desas outras cousas, hoxe incomprensibles, que lles tocou padecer e vivir á xeración ye-yé durante os difíciles anos sesenta. Unha auténtica peza de documentación dun anaco importante da historia viguesa.
Despois do masivo acto do día 11, onte realizouse un algo menos concorrido, os organizadores declararon que sabían que a convocatoria era máis complicada polo inaccesible do lugar pero de todos os xeitos trátase dun feito simbólico facelo no aeroporto.
Xa van 31 días de folga de fame de Aminatu Haidar, mentres as autoridades españolas e marroquís escapan ás súas responsabilidades, distintos grupos de apoio a Haidar e a causa saharauí prometen seguir facéndose ouvir.