domingo, 15 de abril de 2012

Vídeo da manifestación día da república, Vigo 2012



Vídeo da manifestación día da república, Vigo 2012


Unhas seiscentas persoas manifestáronse en Vigo este 14 de abril para conmemorar a segunda república e reclamar a terceira.

A manifestación partiu puntualmente e baixo a choiva dende o MARCO para finalizar no sireno fronte á escaleira da rúa da República onde hai unha placa.

O acto consistiu na lectura do comunicado da Asemblea Republicana de Vigo,  a lectura dun poema por parte de Xesús López Ferreira (ex conselleiro de cultura de Vigo)  e as interpretacións dos himnos republicano e galego.


No hay comentarios: