O alcalde Caballero cree que a lei de área metropolitana supón un expolio a Vigo
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, advertíu que recurrirá a 'todos os mecanismos democráticos' para evitar a aplicación da Lei do área metropolitana tal e como foi aprobada onte no Parlamento cos únicos votos do PP, porque, segundo cree, supón 'un novo expolio á cidade'.
Caballero advertíu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de que non lle 'tolerará' que 'degrade' á cidade ante a súa pretensión de 'gobernala desde fora', e de que a defenderá 'con todas as consecuencias', como cree que fixo coas caixas de aforros ou o mapa de rutas aéreas e a subvención pública de voos.
'Dígolle á cidade que estea tranquila, que esta pretensión de gobernarnos desde fora non se lla vamos permitir', proclamou o alcalde, que cree que Vigo 'ten que ser defendida en contra de Feijóo', se ben eludíu avanzar se promoverá mobilizacións sociais como a que houbo no seu día polo tema das caixas."
" Feijóo, 'vai fracasar unha vez máis', xa que o ente supramunicipal quedou 'reventado' por culpa do seu 'empecinamento' de 'gobernar Vigo desde fora'."
Caballero reclama a Feijóo a rebaixa do pedo político de Vigo na xunta de goberno: "A Feijóo recriminoulle que non tuvera 'o valor de decilo' antes das eleccións e que introducira esta reducción 'de forma oculta' no trámite parlamentario. Segundo o alcalde de Vigo esto queda peor que nas propostas da época de Fraga
No hay comentarios:
Publicar un comentario