Mostrando entradas con la etiqueta crónicas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta crónicas. Mostrar todas las entradas

jueves, 29 de marzo de 2012

Primeira impresión da folga xeral do 29 de marzo en Vigo

Nas próximas 24 horas Todovigo só publicará sobre a folga xeral en adhesión á mesma. 

Primeira impresión da folga xeral do 29 de marzo en Vigo.

Así está o meu barrio (O Calvario-A Doblada) puntual desde as 12. Saín a dar unha volta e até o último bar pechado. Volvendo cruceime cun "piqueño" duns 200 compañeiros  xentilmente acompañados, a uns 50 metros, por dúas furgonas cargadas de polis, óuvese roldando o helicóptero e dá pena irse á cama mais as manifestacións aquí son pola mañá e quero estar fresco.
Por: Alejandro Ruetter Fridman 

Uns datos moi significativos da adhesión á folga. paralización total da actividade portuaria en Vigo. Confírmase o paro total na recolhida de lixo, manhá non se publican nen "Faro de Vigo" (100% de paro) nin a edición galega de "El País". Na rotativa de "La Voz de Galicia" só acudiu a trabalhar o encargado. O transporte público está practicamente paralizado en toda Galiza, especialmente o ferroviario. Ducias de voos de
companhias aereas cancelados.
Datos roubados a: Xosé Collazo Castro