Mostrando entradas con la etiqueta Respeto e Igualdad. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Respeto e Igualdad. Mostrar todas las entradas

lunes, 25 de noviembre de 2013

30 novembro: IV Xornadas Feministas en XUNTAS

30 de novembro: IV Xornadas Feministas en XUNTAS.


17.30 h. – Proxección: “Leonera”.

Película arxentina que participou no Festival de Cannes 2008. O filme aborda a maternidade dentro do sistema penitenciario. Na cinta non se recrearon os escenarios penitenciarios, senón que se rodou en centros reais como, por exemplo, o de “Olmos”, o de “Los Hornos”, o de “San Isidro “ ou a cárcere de mulleres de “San Martín”.

En Arxentina, “leonera” significa “lugar de tránsito” e, polo xeral, utilízase para designar as zonas das prisións polas que @s pres@s deben pasar para ser trasladad@s, tanto dentro como fóra delas.

Despois dalgúns anos en prisión, Julia, acostumada ao universo do cárcere, transfórmase nunha muller dura, que deberá loitar para recuperar a súa libertade e a do seu fillo.


19.30 h. – Debate: “Cárceres de mulleres”.

www.respetoeigualdad.piesnegros.org

miércoles, 7 de agosto de 2013

10 agosto: Xornadas Feministas en XUNTAS


10 agosto: Xornadas Feministas en XUNTAS.


18.00 h.: Proxección do documental “Indomables. Una historia de mujeres libres”.

19.00 h.: Debate feminista.

jueves, 7 de febrero de 2013

Solidariedade urxente con Noelia


Solidariedade urxente con Noelia Cotelo, en folga de fame dende o 8-1-2013, perigo de coma hipoglucémico.

A vida de Noelia Cotelo Ribeiro, veciña de A Coruña, encóntrase en grave perigo no Centro Penitenciario de Brieva, Ávila.
Noelia retomou a Folga de Fame, as súas reivindicacións son:
 *Levantamento da Suspensión das Comunicacións.
*Traslado fora do CP Brieva, Ávila.  Achegarse a súa terra, Galiza.
*Que non haxa homes nas cadeas de mulleres.
*Fin das Torturas e Malos Tratos na Prisión.
 Noe chamou á súa nai o luns 5 ás 17.30 hrs. para informarlle do seguinte:
*Tivérona esposada das 10.00 ata as 16.00. Momento no que a Dr.Teresa díxolles ós funcionarios que debía estar en reposo e debían deixala ir á cama.
*A Dr. Teresa  tomou unha mostra de sangue e obtivo un nivel de glucosa de 30 mg/dl.
Avisoulle de que podería entrar en COMA HIPOGLUCÉMICO.
*Di que ten todo o corpo cheo de magulladuras dunha nova paliza.
O Síndrome Hipoglucémico prodúcese cando o nivel de glucosa no sangue é inferior a 50-60 mg por 100 ml.
O coma hipoglucémico prodúcese cando o valor é tan baixo no sangue que o cerebro non obtén as calorías suficientes para as súas funcións (o cerebro só se alimenta de glucosa).
Actualmente a Noelia néganselle as visitas da súa nai e amigas, a asistencia sanitaria, así como o dereito á educación.
A Noelia un funcionario agrediulle sexualmente estando atada e drogada,  golpeáronlle en múltiples ocasións, negáronlle a medicación para a infección de oído, falseáronlle os datos da Folga de Fame, estánlle obligando a ducharse con auga fría, retiráronlle mantas e roupa de abrigo, non permitindo á súa familia e amig@s entregarlle máis.
5 anos en réxime de aillamento, 5 anos resistindo á privación sensorial, catalogada pola ONU como Tortura Branca.
Xa abonda de Dispersión, de Torturas, de Mentiras, de Aillamento.
Queremos a Noelia ceibe, coas súas amig@s e familia, queremos te-la preto e coidala.
O Estado encerra persoas e as maltrata, ¿é esta a súa reinserción?
NOE LIBERTADE, NOE COA SÚA XENTE, NOE COA SÚA FAMILIA.

Fonte e envío de faxes ó secretario xeral de institucións penitenciarias e á defensora do pobo:
http://afapp-gz.blogspot.com.es/

miércoles, 10 de octubre de 2012

Vídeo manifestación Marcha Mundial das Mulleres en Vigo


O 28 de setembro a  Marcha Mundial das Mulleres e outros movementos feministas da Galiza manifestáronse xunto a unhas 2000 persoas en Vigo para defender o dereito das mulleres a decidir e o aborto libre. A manifestación (convocada pola suma de forzas do movemento feminista da Galiza en coordenación co movemento estatal) foi o punto de partida para as accións que se desenvolven dentro da Campaña Europea que comezou o 4 de outubro de forma simultánea en máis de 10 países europeos.

Sumemos esforzos para loitar polos nosos dereitos!
Defendamos o noso dereito a decidir e o aborto libre!
Nós parimos, nós decidimos!

Manifestación 28 setembro 2012