viernes, 20 de diciembre de 2013

Videoclip A - BEN SENMEDO

A - BEN SENMEDO


Editado 100% con softwarelibre (Kddenlive - Manjaro) formato final: WebM. Pista de audio Ogg.

Quenes estivemos implicad@s na realización deste ‪‎videoclip‬ enterámonos, durante a rodaxe, de que a localización elexida, coñecida como Cotogrande ou Monte de Cabral, unha paraxe de incalculable valor natural ás aforas de ‪Vigo‬, corre serios riscos de ser destruída, a causa da complicidade do alcalde da cidade, Abel Caballero, coa corporación británica ‪‎Eurofund‬. O alcalde e a corporación queren converter o parque forestal nun macroproxecto comercial ao que lle pretenden chamar Porto Cabral.
Os argumentos dos partidarios deste despropósito non resisten a máis mínima análise, son falacias e troulas. Sosteñen, por exemplo, que só hai eucaliptos e esta teoría desmóntase a simple vista. Os seus métodos son caciquís, xa que pretenden obviar as opinións da maioría dos vigueses e, en particular, as da maioría dos comuneiros de Cabral. 

www.bensenmedo.piesnegros.org 
www.respetoeigualdad.piesnegros.org 
www.muchamufa.piesnegros.org