jueves, 30 de abril de 2009

Homenaxe ao José (Zeca) Afonso a partir do 5 de Maio no Verbum

Programa e o Tributo ao Zeca

“Seremos muitos, seremos alguem”
JOSÉ AFONSO A VOZ DA LIBERDADE.

LOCAL: Verbum, “A Casa das palabras”
Avda Samil,Vigo
Inauguración-clausura: Do 5 ao 31 de Maio

Cartazes: 64, material: pvc.
Autoría exposición: André F. Places
Organización:S.Cultural Na Virada

Coordinación actividades: Xico de Carinho
Producción: Verbum/Concelleria de Cultura de Vigo

INAUGURACIÓN
5 de Maio ás 20 h. Presenta André F.Places

MESA REDONDA
Xoves 14 Maio ás 20 h.
Participantes:
  • Alipio de Freitas, Ex-Presidente da Ass. José Afonso de Setúbal.
  • Henrique Marques, directivo e cofundador da Ass.J.Afonso de Setúbal.
  • Francisco Fanhais,Presidente da Ass. J. Afonso,cantor e compañeiro de J. Afonso en múltiples actividades .
  • Arturo Reguera, colaborador con Benedicto nas 1ªas actuacións de J. Afonso na Galiza.

Presenta: Xico de Carinho, músico, socio da Ass.J.Afonso dende a súa fundación e coordinador das actividades.

TRIBUTO A JOSÉ AFONSO”
Xoves, 21 de Maio ás 20 h.
Participantes:
POESIA:
  • Xosé María Alvarez Cáccamo
  • Maria Xosé Queizán
  • Manuel Forcadela
  • Adelaide Graça. Portugal

MÚSICA:
  • Grupo Na Virada
  • José Pumar
  • Tino Baz
  • Ana Ribeiro (Portugal)

CONCERTO HOMENAGEM A JOSÉ AFONSO
Xoves, 28 Maio ás 20 h.
  • Actuación de “COUPLE COFFEE” , con
  • Luanda Cozzeti, canto e percução
  • Norton Daniello, Baixo eléctrico.
  • Repertorio tirado do seu CD, “Com as tamanquinhas do Zeca” e outros.
TRIBUTO A JOSÉ AFONSO
Recital poético musical
Xoves, 21 de Maio ás 20 h.
VERBUM, Casa das Palabras
Avda de Samil,17 -VIGO

PARTICIPANTES E REPERTORIO MUSICAL:
  • 1.NA VIRADA
  • 1. A garrafa vazia de Manuel Maria- Balada do sino
  • 2. Virá de Coimbra (J.Afonso/Popular)
  • 3.Achégate a mim Maruxa (Cancioneiro da Limia Baixa,Galiza/ J.Afonso)
  • 4.Lá vai Jeremias ou A formiga no carreiro

2 JOSÉ PUMAR, canto
  • 1. Traz outro amigo também
  • 2. Menino d'oiro
  • 3. Os vampiros
  • 4. A morte saíu à rua

3 ANA RIBEIRO (Portugal), canto
  • 1. Menino do Bairro Negro
  • 2. Menina dos Olhos Tristes
  • 3. Alípio de Freitas
  • 4. Fui à Beira do Mar
4 ADELAIDE GRAÇA, (Portugal), poemas

5 XOSÉ MARÍA ALVAREZ CÁCCAMO, Poemas

6 MARIA XOSÉ QUEIZÁN, Poemas

7 TINO BAZ, canto
  • 1.Traz outro amigo também
  • 2.Canto moço
  • 3.Ó minha amora madura
  • 4.O mar ensoñado (Tino Baz)
8 MANUEL FORCADELA, Vídeo poema

9 COLECTIVO ZECA AFONSO: (Todos os anteriores):
  • O que faz falta
  • Grândola,vila morena
www.verbum.vigo.org

miércoles, 29 de abril de 2009

Xico de Cariño y Humberto Heredia en LSFaisca



Xico de Cariño y Humberto Heredia, integrantes de Na Virada el 25 de abril del 2009 actúan en LSFaisca en ocasión del aniversario de la revolución de los claveles en Portugal

Inauguracion do novo local de Xogo Descuberto


Por fin Abrió! Para celebrarlo, este sábado 25 de abril, a partir de las 17:00 en su nuevo local social. Situado en la calle Salvaterra, 13 (en el viejo centro comercial 2, en Coia, en la mitad de Castelao aprox), hubo un taller de globoflexia y cuentacuentos para los más pequeños, pintxos de balde, teatro, alguna actuación musical, y para finalizar una queimada y una foliada.


Colectivo Xogo Descuberto

Cuchus Pimentel y amigos en Xancarajazz

En el Xancarajazz continúan con la tradición de las Jam Sesion de los miércoles vigueses, como antiguamente se hacia en el Manteca. Ahora en este nuevo local abierto recientemente frente al Cine Fraga. En alguna ocasión se acerca Cuchus Pimentel con su guitarra y algun@s acompañantes. Este miércoles pasado fue uno de esos días. Aquí algunas fotos.













martes, 28 de abril de 2009

A proposta de Santiago Sierra, ocupará todos os espazos da planta baixa do MARCO de Vigo

Tras máis de seis anos realizando exclusivamente exposicións colectivas, neste 2009 o MARCO inicia unha nova liña de exposicións individuais, ben de carácter retrospectivo, ou a través de proxectos específicos, como é o caso da proposta de Santiago Sierra, que ocupará todos os espazos da planta baixa do museo MARCO de Vigo

Santiago Sierra, Acción Laboral Foto: cortesía MARCO

A exposición, que se inaugura o Primeiro de Maio, Día Internacional do Traballo, está precedida por unha “acción laboral” aberta ao público, que se desenvolverá os días 28, 29 e 30 de abril, en horario de 8 da mañá a 11 da noite.

Santiago Sierra (Madrid, 1966) é un dos artistas máis interesantes da escena artística internacional. O seu traballo, vinculado a estruturas sociais ou políticas, pretende cuestionar as relacións de poder establecidas, tanto no ámbito artístico coma no social. Nas súas obras interroga directamente o espectador sobre os límites impostos pola sociedade actual, capitalista e globalizada, sobre temas de grande carga política e social como a explotación laboral e a marxinación.

www.santiago-sierra.com

OBRAS EN EXPOSICIÓN

INSTALACIÓN DE 54 TETRÁPODOS DE CEMENTO PARA DIQUE E UN EPÍLOGO SOBRE A SENSIBILIDADE POLICIAL E OBREIRA

INSTALACIÓN DE 54 TETRÁPODOS DE CEMENTO PARA DIQUE

Antigo edificio dos Xulgados e do Cárcere de Vigo, España. Abril 2009

Para este traballo foron empregados tetrápodos de cemento para dique. Estes elementos foron utilizados debido á facilidade da súa ensamblaxe e ao xeito en que “naturalmente” se enganchan entre si formando fortes barreiras de contención das augas nos diques. Sobre os eixes radiais da antiga prisión reconvertida en museo, instalamos os tetrápodos a distancias equidistantes con respecto aos eixes partindo do centro marcado baixo a cúpula. Tamén foron colocados nos lugares onde o espazo se abre en abano, tanto nos antigos patios coma nas antigas galerías. Nestes últimos lugares máis abertos actuamos sobre os sub-eixes converxentes co mesmo ritmo de colocación que nos eixes principais. O número de tetrápodos foi determinado pola dimensión na que finalmente puidemos obtelos; a maior tamaño menos elementos e á inversa. En xeral buscaremos encher o espazo sen sobrecarga de obxectos. Pretendemos dar unha sensación de orde que unifique visualmente o espazo, para que no público quede marcada a estrutura orixinal do edificio, habitualmente supeditada ás necesidades expositivas.

Antes de instalar estes módulos cubrimos o chan con plástico branco groso do comunmente empregado en obras, coa dobre función de protexer o piso e de unificalo, xa que nuns casos o chan é de pedra e noutros de madeira. Retiramos todos os elementos arquitectónicos temporais das salas —paredes falsas de xeso e similares— a obxecto de espir as salas e resaltar a súa disposición orixinal. Deixamos estes elementos en sala xunto ás paredes remarcando que a retirada de elementos foi efectivamente realizada pero procurando que non molesten a disposición xeral dos tetrápodos.

Dende que comezaron as tarefas de instalación ata a clausura da mostra as salas non haberán de ser limpadas, considerando que os restos da actividade laboral constatan o feito de que esta se produciu.

Esta proposta será exhibida en dous momentos: montaxe e exhibición. Baixo o anuncio de “Acción laboral” convocamos o público para asistir á montaxe dende a planta superior. Reproducindo a relación garda-preso como espectador-traballador, o público ocupará o espazo destinado orixinalmente á vixilancia dos reos, polo que retiraremos os elementos que impiden esa visibilidade dende a planta superior. A planta baixa onde se realizarán os traballos estará pechada e a salvo de público. Nada debe molestar aos traballadores durante o proceso de montaxe.

1º EPÍLOGO

CESIÓN DO ESPAZO EXPOSITIVO Á AUTORIDADE PARA O ANUNCIO E MOSTRA DE COMISOS

Antigo edificio dos Xulgados e do Cárcere de Vigo, España. Maio 2009 – maio 2010

Cesión durante un ano do salón de actos do museo á Policía Nacional para que mostre os decomisos que normalmente realizan do xeito en que normalmente os realizan. Referímonos a calquera tipo de comisos, dende armas a roupa falsa, dende drogas a documentos falsificados. Será unha simple cesión do espazo, en ningún caso se pretenderá variar o modo en que anuncien ou mostren os comisos. Tampouco se deberá exhibir o material máis tempo do que sexa necesario. O museo ofrecerá toda a súa colaboración en facilitarlles os elementos necesarios de exhibición, como mesas ou luces ou a infraestrutura necesaria para acoller a prensa. A cambio a autoridade permitirame fotografar cada decomiso en apropiación conceptual. A cesión anual non suporá unha mingua das actividades no salón de actos. Supoñemos que os devanditos decomisos que haberán de acontecer por sorpresa permanecerán por un breve espazo de tempo. Non obstante o museo deberá ter a mesma axilidade na desmontaxe e montaxe de lendas ou outros elementos que estorben á autoridade.

2º EPÍLOGO

TRADUCIÓN DUNHA CHARLA

Antigo edificio dos Xulgados e do Cárcere de Vigo, España. Primeiro de maio de 2009

Charla de José Luis Velasco baixo o título “PARA OS TRABALLADORES SEMPRE HAI CRISE”

DVD vídeo, b/n, 80’

Santiago SierraTEXTO DO COMISARIO

‘Podo tomar calquera espazo baleiro e chamalo un escenario espido. Un home camiña por este espazo baleiro mentres outro o observa, e isto é todo o que se necesita para realizar un acto teatral’.

Peter Brook, El espacio vacío [O espazo baleiro]

“Así empeza Peter Brook O espazo baleiro, e así atopouse tamén Santiago Sierra un espazo baleiro, un museo baleiro para que empecen a saír os actores a escena, neste caso os traballadores que instalarán as pezas que conformen a exposición e que poderán ser observados polo público mentres fan o seu traballo, mentres realizan a súa acción laboral. O resultado desa acción será a primeira mostra individual realizada no MARCO e que poderá visitarse ata finais do mes de setembro. A exposición titulada Instalación de 54 tetrápodos de cemento para escollera y un epílogo sobre la sensibilidad policial y obrera [Instalación de 54 tetrápodos de cemento para dique e un epílogo sobre a sensibilidade policial e obreira] é un dos proxectos máis ambiciosos que o artista presentou en España.

Moito escribiuse sobre a obra de Santiago Sierra nos útimos anos, e ‘serialización’ e ‘minimalismo’ son dous dos termos aos que a crítica recorreu a miúdo para falar do seu traballo. Dende as súas primeiras pezas con colectores e formas xeométricas elementais Sierra supera, non obstante, a herdanza dunha arte minimal que asume nos seus postulados formais pero que cuestiona constantemente no que respecta ao reducionismo conceptual e ao contido semántico. Durante todos estes anos o artista desenvolveu un dos corpos de traballo máis sólidos do panorama internacional, e fíxoo dende a coherencia cara ao seu propio método.

Hai dez anos, en 1999, presentaba en Os Ánxeles a obra titulada 24 bloques de concreto movidos constantemente durante una jornada por obreros remunerados [24 bloques de concreto movidos constantemente durante unha xornada por obreiros remunerados], unha das intervencións que mellor resumen os intereses do artista e que máis se achegan á nova peza creada para o MARCO: Instalación de 54 tetrápodos de cemento para dique. En ambas as dúas atópase un obxecto de fabricación industrial e a acción de retribuír persoas por realizar un traballo físico. Despois desa xornada na que os obreiros movían os bloques polos espazos da galería, o resultado quedaba exposto ao público durante o período de exposición coas marcas producidas no chan da galería e os restos deixados polos obreiros.

Na proposta que se presenta no MARCO e que ocupa todos os espazos de exposición da planta baixa, os elementos utilizados son tetrápodos, pezas de formigón cun corpo central do que saen catro patas troncocónicas que forman ángulos de 120º entre si, utilizados como bloques de dique en dique e que pola súa forma se ensamblan entre eles ao xirar sobre si mesmos, como pezas de Tetris, conseguindo así unha maior resistencia á ondada que outros modelos prefabricados de formigón. Durante os tres días nos que os traballadores van situando os tetrápodos nas salas de exposición, ao público négaselle entrar ás salas onde propiamente terá lugar a exposición —recurso utilizado polo artista noutras ocasións— pero é invitado a ver como traballan dende a planta superior do museo, no mesmo horario dos traballadores.

De forma intencionada, antes do comezo da acción as salas non foron reparadas tras a desmontaxe da exposición anterior, deixando á vista restos de obras doutros artistas (paredes pintadas, cables, buratos...), e os lugares vense despoxados de todos os engadidos que se foron acumulando ao longo dos anos nas salas do museo, exposición tras exposición —muros de pladur, remendos, engadidos, falsos teitos, mesmo iluminación artificial— para aparecer por primeira vez tal como foran pensadas orixinalmente polos arquitectos, permitindo a circulación por algunhas das salas ata agora inéditas, que se tapiaran para a exposición inaugural do MARCO e que nunca foran abertas. Todos estes elementos non se retiraron senón que quedaron apoiados nos muros ou esparexidos polo chan das salas esperando a instalación dos tetrápodos. Todo o chan se cubriu de plástico branco para unificar visualmente o espazo, evitando a visión dos diferentes pavimentos de madeira, granito e mármore. Jeremy Bentham, o ideólogo da arquitectura panóptica, recomendaba que ‘...o chan das celas se é de pedra ou de ladrillo debe estar cuberto por unha capa de xeso para que non tendo intersticios non encubra inmundicias nin principios de enfermidades...’. Neste caso será o plástico branco o que recolla toda a sucidade acumulada durante os meses que dure a exposición, xa que as salas non se limparán e sobre o plástico quedarán as pegadas dos visitantes.

A repetición da forma, un obxecto industrial fabricado en serie, e a súa colocación nun contexto artístico introducen as coordenadas duchampianas do ready-made, pero resulta ser unha perversión daquelas afirmacións cando engadimos a lectura principal que posúen as obras de Serra ao descubrir a dimensión social do acto performativo. A obra de Santiago Sierra está moi lonxe de Duchamp, e é dunha amplitude que só se aprecia no conxunto da súa traxectoria. O xogo coa palabra, os acenos á semiótica, a ausencia de cor co uso do branco e negro, a repetición, a explicación literal das obras nos seus títulos descritivos, estruturan un corpus de traballo que atopa na condición procesual das accións a parte fundamental da obra ou a obra propiamente dita.

O voyeurismo do espectador, que presenza a acción dende un punto de vista establecido previamente, anímanos a evocar unha vez máis ao Duchamp dos Étant donnés, un assemblage só visible a través duns pequenos orificios furados nunha porta de madeira. Nas accións planificadas por Sierra, o desprazamento dos obxectos convértese na obra, no momento concreto definido polo artista.

Recentemente presentou na Galería Helga de Alvear de Madrid Los penetrados [Os penetrados], unha das obras quizais máis complexas de Santiago Sierra, un vídeo en oito actos que mostra a homes e mulleres contratados de raza branca e de raza negra, mostrando todas as combinacións posibles de penetración anal entre eles. A proxección incidía na repetición dun acto cun coidado formal sorprendente e nada arbitrario. O sórdido da acción camúflase nunha coreografía que nos abstrae da connotación pornográfica ao mostrarnos as parellas copulando nun plano fixo, sen son e en branco e negro, reducíndoas a formas case xeométricas en movemento. A proxección ía acompañada dunha serie de fotografías da acción realizadas dende arriba, do mesmo modo que rexistrará a colocación dos tetrápodos nas salas do MARCO dende o mesmo punto de vista dende o que o público asistirá á acción. Se en Los penetrados a acción era privada, no MARCO faise pública.

A combinación de formas xeométricas e a contratación de traballadores sérvenos de exemplo para ilustrar o respecto cara ao máis puro minimalismo e a connotación social que posúen todos os seus traballos. É quizais 111 construcciones hechas con 10 módulos y 10 trabajadores [111 construcións feitas con 10 módulos e 10 traballadores], presentada na Galerie Peter Kilchmann de Zúric en 2004, o referente máis próximo formalmente. A esta lectura, debemos engadir a que pon en solfa as relacións de poder establecidas, volvendo sobre a estrutura piramidal, a marxinación e os prexuízos culturais. Na documentación de Los penetrados obsérvase como, en función das razas e as combinacións, hai máis ou menos persoas dispostas a ser contratadas para realizar ou non determinados roles sexuais.

Son moi coñecidas as pezas de Santiago Sierra nas que as persoas son retribuídas a cambio dun traballo específico determinado polo artista, sexan prostitutas, indixentes ou sen papeis. No MARCO, a forza do traballo dos operarios encargados de desprazar os 54 tetrápodos de cemento, contratados por unha empresa que habitualmente realiza este tipo de traballos, posúe un valor de cambio determinado pola lei da oferta e a demanda. Aquí estase a falar do traballo nun sistema de produción de mercadorías, fronte a outras pezas nas que o que se cuestiona é o tipo de traballo que se retribúe ou quen o realiza, preferiblemente traballadores en precario.

Na súa intervención no MARCO, son os traballadores os que se mostran ante a audiencia, que é invitada a presenciar a acción. O espectador participa, como voyeur, pero agora establecendo un xogo de relacións coa planta panóptica do museo, recordando o seu pasado como prisión. Mentres observamos o desenvolvemento da acción dende a planta superior do museo, asumimos as funcións de vixilante para, inconscientemente, comprobar que se cumpre coa vontade do poder. ‘É máis rendible vixiar que castigar’ escribiu Foucault; unha vixilancia que facilita o panóptico e que Sierra ten en conta cando determina a situación dos 54 tetrápodos, seguindo a disposición radial das salas do edificio. É o público ocioso o que vixía os traballadores e quen pode opinar sobre o modo en que están a realizar o seu traballo, como en calquera escena na rúa en que os obreiros son observados polos transeúntes. Estes traballadores foron contratados polo museo para montar unha exposición cunhas instrucións determinadas, pero é a empresa —e non o artista nin o museo— a que determinou cantos días, en que quendas de traballo e cantos traballadores eran necesarios para distribuír os tetrápodos polo espazo nunha disposición previamente acordada entre o artista e o museo. Tamén teñen instrucións de non recoller nin limpar os restos do seu traballo nin as pegadas que se produzan no chan durante o movemento e manipulación dos tetrápodos polas salas de exposición.

A acción desenvólvese en datas previas ao Primeiro de Maio, día no que se presenta ao público o resultado. Non é casual que o artista escollera o Día Internacional dos Traballadores para mostrar o resultado, como xesto de respecto cara ás estruturas sindicais que se manifestan ese día por todo o mundo dende a súa implantación no Congreso Obreiro Socialista da Segunda Internacional (París, 1889). Xa en 2003 utilizara a data do 1 de maio cando documentou, sen público, a obra Mujer con capirote sentada de cara a la pared [Muller con caparucho sentada de cara á parede], no Pavillón español da Bienal de Venecia, unha iconografía que remite ao castigo, á imaxe do verdugo ou ao traballo como penitencia, herdanza directa da opresión moral imposta pola igrexa católica española.

Cesión do espazo expositivo á autoridade para o anuncio e mostra de decomisos é unha obra que funciona como epílogo, pechando o proceso e ao mesmo tempo prolongándoo no tempo. Durante un ano cederase o salón de actos do MARCO —espazo no que habitualmente se realizan as roldas de prensa, conferencias, concertos, cursos, proxeccións e mesmo presentacións de produtos comerciais— á Policía Nacional para mostrar os decomisos ou os alixos comisados na cidade. Estas presentacións realizaranse por sorpresa; aquí o artista non pretende modificar os tempos nin o modo en que a Policía Nacional mostra habitualmente os produtos comisados, recoñecendo a sensibilidade policial ao colocar os obxectos (drogas, falsificacións de roupa ou de documentos, copias de discos, etc.) do mesmo modo en que ordenamos nos museos as obras nunha vitrina ou sobre unha peaña.

Estas presentacións serán fotografadas polo artista e terán como resultado un arquivo da actividade policial na cidade durante o período dun ano. Non é casual que este proceso se leve a cabo no MARCO, un edificio que antes que museo foi ademais de cárcere sede dos xulgados, co que non resulta de todo estraño que sexan agora as forzas da orde as que vaian mostrar as probas do delito nas nosas instalacións. O persoal de comunicación, exposicións, montaxe e seguridade do museo colaborará cos departamentos correspondentes da Policía Nacional para realizar esta serie fotográfica que dependerá directamente da actividade policial durante este período dun ano.

Como segundo epílogo do proxecto, o Primeiro de Maio, coincidindo coa inauguración da exposición, exhíbese no salón de actos un vídeo atopado na rede, da conferencia impartida por José Luis Velasco hai aproximadamente un ano baixo o título ‘Para os traballadores sempre hai Crise’”.

Iñaki Martínez Antelo Comisario da exposición

SOBRE O ARTISTA

SANTIAGO SIERRA (Madrid, 1966. Vive e traballa.) www.santiago-sierra.com

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS (SELECCIÓN)

2009 Los Penetrados [Os penetrados], Galería Helga de Alvear, Madrid

Imperial Buildings, Wellington, Nova Zelanda

Santiago Sierra, Magasin3, Frihamenn, Estocolmo, Suecia

    2008 Versión de Grupo de personas cara a la pared [Grupo de persoas cara á parede] e Persona cara a la pared [Persoa cara á parede], Lisson Gallery, Londres, Reino Unido. Outubro de 2002 / Sala de Turbinas, Tate Modern, Londres, Reino Unido

    2007La trampa’ [A trampa] e ‘Los adultos’ [Os adultos], Centro Cultural Matucana 100, Santiago de Chile, Chile

    1549 Crímenes de Estado [Crimes de Estado], Antigo Edificio da Secretaría de Relacións Exteriores da Praza das Tres Culturas, Tlatelolco, Cidade de México, México

Submission, [Submisión] Proyxcto Juárez, Cidade de México, México

Santiago Sierra, Prometeogallery di Ida Pisani, Milán, Italia

2006 Santiago Sierra, CAC, Centro de Arte Contemporáneo de Málaga, Málaga

245m3, Sinagoga de Stommeln, Pulheim, Alemaña

  1. El pasillo de la casa del pueblo [O corredor da casa do pobo], Museo Nacional de Arte Contemporáneo, Bucarest, Romanía

Institución embarrada, Kestnergesellschaft, Hanover, Alemaña

    2004 120 horas de lectura continua de una guía de teléfono [120 horas de lectura continuada dunha guía de teléfono], Galería Helga de Alvear, Madrid

Santiago Sierra, Lisson Gallery, Londres

300 toneladas, Kunsthaus Bregenz, Bregenz, Austria

    2003 Palabra tapada, La Biennale di Venezia, 50 Esposizione Internazionale d’Arte, Pavillón de España, Venecia, Italia

    2002 Contratación y ordenación de 30 trabajadores conforme a su color de piel [Contratación e ordenación de 30 traballadores conforme á cor da súa pel], Kunsthalle Wien, Viena, Austria

    3.000 huecos de 180 x 70 x 70 cm cada uno [3.000 ocos de 180 x 70 x 70 cm cada un], Montenmedio Arte Contemporáneo, Vejer de la Frontera, Cádiz

2 maraqueros [2 maraqueiros], Galería Enrique Guerrero, Cidade de México, México

    2001 20 trabajadores en la bodega de un barco. 3 intervenciones urbanas [20 traballadores na bodega dun barco. 3 intervencións urbanas], Barcelona Art Report 2001, Barcelona

    2000 Trabajadores que no pueden ser pagados, remunerados para permanecer en el interior de cajas de cartón [Traballadores que non poden ser pagados, remunerados para permanecer no interior de caixas de cartón], Kunst-Werke, Berlín, Alemaña

    Persona remunerada durante una jornada de 360 horas continuas [Persoa remunerada durante unha xornada de 360 horas continuas], P.S.1 Contemporary Art Center, Nova York, Estados Unidos


SOBRE O COMISARIO

Iñaki Martínez Antelo (Santiago de Compostela, 1969) é director do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, dende o 18 de novembro de 2005.

É licenciado en Historia da Arte Contemporáneo pola Universidade de Santiago de Compostela, e máster en Estética e Teoría da Arte polo Instituto de Estética adscrito á Universidad Autónoma de Madrid. Tras o seu paso polo Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela (1996-1998), foi coordinador de exposicións no Auditorio de Galicia (1998-2002) e coordinador de actividades culturais na casa Asia, Barcelona (2002-2003). Dende o ano 2003 desempeñou o cargo de responsable de exposicións do MARCO, ata que, tras un concurso público, foi nomeado director a finais de 2005 polo Padroado da Fundación MARCO.

No MARCO ten comisariado as exposicións Urbanitas, Taking Time/Tempo ao tempo, e os proxectos dos artistas Carlos Rodríguez Méndez, Diego Santomé, Rita Rodríguez, Carme Nogueira, Oliver Añón e Suso Fandiño.

Dende febreiro de 2009 é secretario de ADACE, Asociación de Directores de Museos de Arte Contemporánea de España.

INFORMACIÓN E VISITAS

O persoal de salas está a disposición dos visitantes para calquera consulta ou información, ademais das visitas guiadas habituais:

Todos os días ás 18.00

Visitas ‘á carta’ para grupos, previa cita no tel. 986 113900/11

EXPOSICIÓN BIBLIOGRÁFICA. Santiago Sierra

Biblioteca-Centro de Documentación

Selección de catálogos individuais e colectivos do artista

Do 1 de maio ao 27 de setembro de 2009

Horario: martes a venres, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00

MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo www.marcovigo.com

Polemico traslado de la Universidad Popular de Vigo

He sido alumno de la Escuela de artes y Oficios de Vigo conocida también como Universidad Popular (UP), y siempre corría el rumor de del posible cierre del centro. Todo gracias a jugarretas perpetradas a lo largo del tiempo por diferentes administraciones y gobiernos a las que no interesa la continuidad de la escuela.
El inmueble que fue cedido por García Barbón a la ciudad con la condición que ser usado como escuela, siempre ha estado en la cuerda floja y se ha buscado su ruina desde los despachos, a pesar de lo cual se ha mantenido hasta hoy en día. Ahora para minar más la escuela quieren cambiar su emplazamiento y usar el inmueble actual como sede de la futura Biblioteca Estatal en Vigo. Abel Caballero a por sorpresa y a traición anuncia que remitirá una carta a la nueva ministra de Cultura Ángeles González-Sinde, en la que le propone la Universidad Popular como sede da futura Biblioteca Estatal.
Buena forma de darle el tiro de gracia. Lo que otros no han conseguido durante años quiere solucionarlo de un plumazo por la vía rápida. Aprovechando que la ministra de cultura es de su partido. Abel Caballero explico que el edificio cumple con los requisitos solicitados por el Ministerio, con 4.500 metros cuadrados sobre los 4.000 pedidos por Cultura, y adelanto que los técnicos del Ministerio vendrán a Vigo para comprobar a viabilidad de la ubicación propuesta.

Nos vende la moto de la ubicación idónea según sus palabras:
"a mellor posible e conformar no centro da cidade "un gran bloque cultural", composto pola propia Biblioteca Estatal na actual sede da Escola de Artes e Oficios, o Centro Cultural Caixanova, o MARCO, a Casa das Artes, a Fundación Caixagalicia, a Fundación Barrié de la Maza ou o futuro Cine Fraga, entre outras dotacións culturais".

Es decir, muy en su linea quiere crear "un centro de negocios cultural". Este hombre se piensa que es el Rey Midas y quiere convertir todo lo que toca en oro. De seguir así nuestra ciudad se parecerá a "Las Vegas" con maquinas tragaperras en los museos.
Promete una nueva ubicación entre las tres que baraja el ayuntamiento, pero garantiza que seguirá en el centro de Vigo. Lo importante es echar a los alumnos de la escuela y dejar el inmueble vació para dedicarlo a negocios más lucrativos, cultura de altos vuelos alejada del bolsillo del ciudadano medio y siempre beneficiando a entidades bancarias y otros vampiros. Luego ya verán donde los meten y en que condiciones. Justo cuando ha logrado normalizar su funcionamiento. Una carga de profundidad a los cimientos de la escuela. Los artesanos y grandes maestros de la escuela parecen no tener gran valor, por lo menos económico y hay que vaciar el edificio de esa gente "improductiva".
También avanzo que estudiaría con la Xunta de Galicia dotarla de titulación de Formación profesional, ya que hasta el momento no está acreditada la enseñanza impartida por la escuela de Artes y Oficios. Quizás cuando ya no exista.
Por su parte el claustro se ha reunido para analizar los problemas que generaría el traslado de la escuela y se analizaron las medidas de presión que se pueden poner en marcha. Hay una manifestación convocada para el jueves próximo 30 de abril entre otras, incluido un encierro.
Ya veremos que sucede al final y si nuestra Escuela de Artes y Oficios resiste esta ultima estocada de la administración de turno.

FUENTES:

La voz de galicia
Xornal Vigo
La universidad popular retrasa el curso
Caballero no garantiza la continuidad de los profesores de la Universidad Popular
Diario Que Vigo

FOTOGRAFIA:

ÓSCAR VÁZQUEZ

viernes, 24 de abril de 2009

SANTIAGO SIERRA en el MARCO de Vigo

  • 1 mayo - 27 septiembre 2009
  • Comisario: Iñaki Martínez Antelo
  • Producción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Foto: cortesía Helga de Alvear

Tras más de seis años realizando exclusivamente exposiciones colectivas, en este 2009 el MARCO inicia una nueva línea de exposiciones individuales, bien de carácter retrospectivo, o a través de proyectos específicos, como es el caso de la propuesta de Santiago Sierra, que ocupará todos los espacios de la planta baja.

Santiago Sierra ha preparado un proyecto específico con el que invade toda la planta baja del edificio, y para el que por primera vez se prescinde de todos los añadidos que se habían ido acumulando a lo largo de los años para volver a la distribución original de las salas de exposiciones tras la reforma arquitectónica del edificio, lo que permitirá una circulación inédita por las salas de la planta baja.

La exposición, que se inaugura el Primero de Mayo, Día del Trabajo, será precedida por una “acción laboral” que podrá ser visitada por el público, y que se desarrollará los días 28, 29 y 30 de abril, en horario de 8 de la mañana a 11 de la noche.

Santiago Sierra (Madrid, 1966) es uno de los artistas más interesantes de la escena artística internacional. Su trabajo, vinculado a estructuras sociales o políticas, pretende cuestionar las relaciones de poder establecidas, tanto en el ámbito artístico como en el social. En sus obras interroga directamente al espectador sobre los límites impuestos por la sociedad actual, capitalista y globalizada, sobre temas de gran carga política y social como la explotación laboral y la marginación.

Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Príncipe 54
36202 Vigo

www.marcovigo.com

martes, 21 de abril de 2009

Sábado dia 25 de Abril conmemoramos a Revoluçom portuguesa de 1.974 no LS Faísca

Este próximo Sábado dia 25 de Abril conmemoramos a Revoluçom portuguesa de 1.974 no LS Faísca (Rua Toledo nº9. O Calvário) (Vigo)

A partir das oito do seram Palestra

Interviram Sergio Vinagre e Mario de Carvalho, activistas da esquerda portuguesa, dirixentes da solidariedade internacionalista e do Partido Comunista Português no Porto e Gustavo Luca de Tena, jornalista galego, activista da solidariedade, escritor e conhecedor en primeira pessoa dalgúns dos importantes acontecementos daqueles dias de finais de Abril de 1974.

Actuacións musicais de: Xico de Carinho e do violenchelista Xosé Ramón Rocha.

Às 22h Ceia popular (Empadas, tortilha, arroz com polo, sobremesa, pam, vinho e chupinhos) 10 €

Para a ceia apontar-se neste correio ou no próprio local em quanto antes faiscagz@hotmail.com

sábado, 18 de abril de 2009

Charla: "IMPACTO SOCIOECONÓMICO DOS PARQUES EÓLICOS NO MEDIO RURAL GALEGO?

"IMPACTO SOCIOECONÓMICO DOS PARQUES EÓLICOS NO MEDIO RURAL GALEGO?

Damián Copena, Grupo de Investigación de Economía Ecolóxica e Agroecoloxía Univ. De Vigo.

VENRES 24 de Abril ÁS 20:00h.
No Centro Social ?A Cova dos Ratos? r/Romil,3 Vigo

  • Na actualidade hai máis de 130 parques eólicos en Galiza.
  • Estes parques contan cunha cantidade de aeroxeradores que está perto dos 4.000.
  • A potencia instalada en Galiza é de case 3.000 MW.
  • Galiza era no ano 2007 a sexta potencia eólica mundial.
  • Coa adxudicación de 2.325 MW do concurso eólico e contando outros MW pendentes de instalar, agárdase acadar os 6.500 MW de potencia no ano 2012.

Organizan: Asociación Caleidoskopio e Grupo Axitación Social

Fotos da mani do dia dos presos políticos en Vigo

O 17 de Abril ‘Dia Internacional dos Presos Políticos’ é a jornada mundial em que comités de solidariedade com presos e presas políticas, organismos anti-repressivos, movimentos em favor da Amnistia, etc. se mobilizam a nível internacional para exigir o cessamento de medidas repressivas aplicadas polos Governos e os Estados contra os presos políticos, a excarceraçom dos militantes ingresados em prisom e a superaçom das causas políticas e sócio-económicas que determinam que em dezenas de países como a Galiza existem militantes encarcerados.

Fotos da mani do dia Internacional dos presos políticos en Vigo


Estas fotos pueden reproducirse libremente simpre que se site como fuente TodoVigo www.todovigo.blogspot.com

viernes, 17 de abril de 2009

Concuros de curtas da prehistoria


TEMÁTICA:
A prehistoria (Documental, ficción, animación, humor, etc)
DURACIÖN:
As curtas terán unha duración máxima de 10 minutos.
SOPORTE:
Dvd, cos arquivos de vídeo en formato Dvd.
ENTREGA:
Entregarase un sobre pechado que conteña unha copia da obra en formato Dvd, con caixa carátula. Neste sobre indicarase o seguinte:
II Concurso de Curtas da Prehistoria. Título da obra e autor. Conxuntamente entregarase unha cipia do DNI do autor ou representante da obra. O lugar da entrega será a sede da Conselleria de Cultura do Concello de Mos. Poderá efectuarse en man ou por correo, no enderezo:
Concello de Mos Rúa Reguengo, s/n 36414. Petelos. Mos.
PRAZO DE ENTREGA:
Ata o venres 3 Xullo 2009.

PREMIOS:
O día 11 de xullo, ás sete da tarde, proexectaranse as curtas presentadas no Pazo de Mos. Un xurado, formado por persoas cunha recoñecida traxectoria no campo do audiovisual, fará a selección das curtas finalistas, que serán incluídas nun DVD promocional e proxectadas parque da Penacova, en Mos, o 7 e o 8 de agosto de 2009, durante a VII Festa da Prehistoria. O xurado seleccionará as tres mellores propostas, que recibiran os seguintes premios:
1º Premio 300 €
2º Premio 200 €
3º Premio 100€
A entrega dos premios realizarase o sábado 8 de agosto, día grande da Festa da Prehistoria.

organiza: Asociación cultural Festa da Prehistoria.
máis info en:

http://festadahistoria.blogspot.com
http://moskeocolectivo.blogspot.com


jueves, 16 de abril de 2009

Proyección del documental "La revolución no será transmitida, Consulado de Venezuela en Vigo


El Consulado General de la República Bolivariana de Venezuela en Vigo, invita a la proyección del documental "La revolución no será transmitida" Sobre la intentona golpista en abril del 2002

Marqués de Valladares, 3 – 1º. 36201, Consulado de Venezuela en Vigo El 17/4/2009 a las 18Hs

Ceivar convocará concentraçons nos principais núcleos urbanos do País no ‘Dia Internacional dos Presos Políticos’


Cartaz para a convocatória do 'Dia Internacional dos Presos e Presas Políticas'.

Mais um ano, o organismo popular anti-repressivo Ceivar celebrará com diversas actividades o ‘Dia Internacional dos Presos e Presas Políticas’, umha jornada oficializada na Conferência Internacional sobre Pres@s Polític@s realizada na cidade basca de Donostia em 2004. O pano de fundo da ediçom deste ano conforma-o o significativo agravamento da situaçom penitenciária de José Manuel Sanches Gorgas e Santiago Vigo Domingues, que estám a ser objecto de novas medidas de excepçom aplicadas por parte de ‘Instituciones Penitenciarias’.

Vista a clara responsabilidade do PSOE nesta situaçom, Ceivar deslocará parte dos actos convocados para as sedes das 'Subdelegaciones del Gobierno de España'.

O ‘Dia Internacional d@s Pres@s Polític@s’ é a jornada mundial em que comités de solidariedade com presos e presas políticas, organismos anti-repressivos, movimentos em favor da Amnistia, etc. se mobilizam a nível internacional para exigir o cessamento de medidas repressivas aplicadas polos Governos e os Estados contra @s pres@s polític@s, a excarceraçom d@s militantes ingressad@s em prisom e a superaçom das causas políticas e sócio-económicas que determinam que em dezenas de países como a Galiza existem militantes encarcerad@s.

Esta jornada de reivindicaçom internacional que se territorializa em cada naçom concreta vai portanto para além da mera denúncia da repressom e a exigência do seu cessamento para exigir a resoluçom das causas últimas que provocam que em multidom de países haja militantes polític@s e combatentes armad@s internad@s em centros prisionais. Somando o nosso grito ao de outros povos, Ceivar porá o til na denúncia da nova situaçom repressiva que enfrontam desde 10 de Fevereiro os patriotas Santiago Vigo e José Manuel Sanches, ambos isolados por se chantarem em defesa dos seus direitos frente à administraçom penitenciária.

Concentraçons nas cidades

Do organismo popular anti-repressivo denunciaremos também a responsabilidade política do actual Executivo espanhol nesta situaçom, umha vez que é através do organismo estatal ‘Instituciones Penitenciarias’, directamente dependente do ‘Ministerio de Interior’ que preside Alfredo Pérez Rubalcaba, que se estám a degradar calculada e continuamente as condiçons de vida dos presos independentistas galegos em Valdemoro e Mansilla de las Mulas.

Resenhamos a seguir as convocatórias para este 17 de Abril:

VIGO

Concentraçom no MARCO (Rua do Príncipe) às 20:00 h.

Celebrará-se umha ceia solidária no centro social Cova dos Ratos a partir das 21:30 h. O telefone para anotar-se é 607 930 324

PONTE VEDRA
Concentraçom ante a ‘Subdelegación del Gobierno de España’ a partir das 19:00 h.

Ceia de solidariedade com os presos independentistas galegos a partir das 22:00 h. no centro social A Revira no nº 33 da Rua Arzebispo Malvar

CRUNHA
Concentraçom na Praça do Obelisco às 20:00 h.

FERROL
Concentraçom na Praça de Amada Garcia (junto ao edifício da administraçom autonómica) às 20:30 h.

COMPOSTELA
Concentraçom na Praça do Pam (‘Cervantes’) às 20:00 h.

A partir das 21:30 h. a Plataforma Cidadá ‘Que voltem para a casa!’ organiza umha ceia solidária com os presos independentistas galegos no centro social O Pichel. Contactar com a Plataforma para anotar-se.

OURENSE
Concentraçom ante a ‘Subdelegación del Gobierno de España’ às 20:30 h.

Ceia de solidariedade com os presos independentistas galegos a partir das 22:30 h. no local de Sem Um Cam no nº 9 da Rua do Vilar.

LUGO
Concentraçom ante a ‘Subdelegación del Gobierno de España’ (Praça de Armanhá) às 20:30 h.


Mais informaçom: http://www.ceivar.org

viernes, 10 de abril de 2009

Concierto de Meninhos Carentes fotos

En un principio se iba a celebrar en "A Clave" antiguo "Ferrinhas" pero a causa de algunos "problemas de sonido" se cambio para enfrente en la "Gaita Grileira" en el casco viejo de Vigo.
Una banda que une Galicia con Brasil a través de su música, concierto del que podéis ver algunas fotografias a continuación:











Matrioska sesiones musicales abril

JUEVES 2

Bombilla
"Sesion punk"

JUEVES 9

LAU
"Sesion punk rock"

JUEVES 16

Palomo
"Sesion punk ska"

JUEVES 23
Alber
"Sesion hardcore"

JUEVES 30
Xavi
"Sesion punk oi"

Programa de abril para la Cantina Candela

* MERCORES 8 - O breo
"Me sobro"

* MERCORES 15 - David Muñiz
"Sufusions Muscais"
(Arpa celta)

* MERCORES 22 - Nacho Otero- Marcelo Pena
"Erosion inducida"
(teatro-mimo-danza)

* MERCORES 29 - Trio-Pei-Vito-Breo
Poneros a temblar!!!

* XOVES 30 Micros abertos

* EXPOSICION DO MES
"Kans"
Fotografia de Lorena Cabaleiro Perez


¿¿¿¡¡¡¡¡SORPRESA XOGO DESCUBERTO!!!!???

BUSCADENOS O SABADO 18 DE ABRIL O LONGO DO DIA POLAS ZONAS DE COIA E O CENTRO


。。。A TOLEMIA NA RUA!!!

martes, 7 de abril de 2009

Brincadeira Bouzas parte dos

Aquí el resto de las fotografías de la fiesta de la "brincadeira" del barrio de Bouzas en Vigo, que fue ayuntamiento independiente hasta 1904. A esa epoca nos recuerdan algunas de estas imagenes.














Otras noticias


Decomisados 414 kilos de cocaina en Vigo


Mañana actuación de "El Breo" con el titulo "Me salgo" en la Cantina Candela.