Mostrando entradas con la etiqueta galega. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta galega. Mostrar todas las entradas

miércoles, 12 de septiembre de 2012

Implicadas no Desenvolvemento (ONG galega)

Implicadas é unha ONG feminista e galega que procura cambiar as estructuras de explotación dende o enfoque de xénero e dende Galicia. O seu traballo baséase na procura da igualdade de xénero como base para un desenvolvemento humano perdurable. O obxectivo último é que as comunidades acaden un nivel de desenvolvemento óptimo e a autoxestión dos seus recursos. Ver referencia

Para Andrea García (voluntaria de Implicadas): “A igualdade é posible, depende de nós, de feito, a desigualdade é un produto dunha construción social, entón, por que non a deconstruímos? Pódese deconstruír e volver a cimentar en base á igualdade.”

Entrevista a Andrea García
www.respetoeigualdad.piesnegros.org