Mostrando entradas con la etiqueta eleccións para a Xunta de Galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta eleccións para a Xunta de Galicia. Mostrar todas las entradas

jueves, 11 de octubre de 2012

ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDAS PROPORÁ A DERROGACIÓN DO PROXECTO DE LEI DE TASAS XUDICIAIS DO PP


ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDAS PROPORÁ A DERROGACIÓN DO PROXECTO DE LEI DE TASAS XUDICIAIS DO PP

Comunicado de prensa

Juan Fajardo, candidato 
A candidatura encabezada na provincia de Pontevedra por Juan Fajardo e Chelo Martínez  considera que estamos asistinto a unha “demolición controlada” do concepto  de xustiza gratuita e universal e lembra que en 1986 elimináronse as tasas xudiciais precisamente para vencer os problemas de acceso cidadán á xustiza. Os posteriores intentos como o de 2002 do PP por reintroducilas non obrigaban ao pago á maíoria dos usuarios pero agora asistimos a un verdadeiro expolio de dereitos xudiciais.

Alternativa Galega de Esquerda quere expresar o seu total rexeitamento ó respecto do proxecto de lei de tasas xudiciais polo que confía en que non se chegue a aprobar a modificación da Lei Orgánica do Poder Xudicial. 

En todo caso alerta de que a exposición de motivos da proposta de lei significa que moita xente quedará fóra do dereito democrático ao acceso á xustiza, especialmente na raclamación xudicial de pequenas débedas que se introduce a obrigatoriedade de ter abogado/a e procurador/a e o pago dun depósito mínimo de 100 euros a Facenda para que a reclamación posterior sexa posible.

Especialmente grave é o capítulo dos recursos de multas, xa que a cidadanía terá que pagar un mínimo de 200 euros de tasa simplemente para que o seu recurso pase ao xuzgado.

A Alternativa Galega de Esquerdas reclama que a xustiza continúe a ser gratuíta, que non se saturen os turnos de oficio suprimíndolles profesionais, de xeito que a última vía sexa o pago do servizo ou a renuncia a un dereito.

Quen malgasta os servizos, a persoa que reclama os seus salarios ou quen se nega a pagalos? Unha vez máis asistimos á privatización dos servizos baixo a excusa da "sobreutilización" do público.

miércoles, 10 de octubre de 2012

Segundo Piratas de Galicia a Xunta Electoral non lle gusta a transparencia

Comunicado de prensa.
Piratas de Galicia recibíu unha curiosa esixencia: a de non publicar enquisas electorais cinco días antes das elecciones. Fíxoo a Xunta Electoral Central por medio deste fax urxente.
A esixencia non é curiosa porque sexa ilegal. De feito, entra perfectamente dentro do previsto polo artigo 69.7 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeneral. Pero chámanos a atención que nos dean este aviso (non só a nós, senón a tódolos partidos) porque é como se pensaran que imos a incumplir a lei.
Resulta tan absurdo como se nos lembraran que non roubaremos ou que non saltaremos os semáforos en vermello. Non fai falla esixir o cumprimento dunha ley de forma preventiva: dase por sentado que a lei será respetada.
Máis con nós. Cremos que a Xunta Electoral Central non debe ter nengún motivo de queixa de Piratas de Galicia, que endexamais tivo nengún problema xurídico (cousa que non poden dicir tódolos partidos). Piratas de Galicia respeta a lei e non precisa recordatorios.
Respetámola mesmo neste caso, no que estamos en desacordo con ela. Porque entendemos que, xa que o mencionan, o artigo 69.7 citado vai en contra da transparencia gubernamental, que é unha das nosas pilastras ideolóxicas.
¿Que sentido ten prohibir a publicación de enquisas cinco días antes das eleccións? ¿Tanto medo ten a Xunta Electoral Central (ou os partidos maioritarios) a que a xente estea informada?
As campañas electorais só duran o curto prazo de quince días. Se lle quitamos cinco, ripámoslle un terceiro da súa duración ás enquisas electorais. Unha ferramenta que pode server para que os votantes acudan as urnas con opinións claras baseadas en datos obxectivos. Quitar cinco días ás enquisas electorais é roubar información, é reducir a transparencia.
Ainda que quizais é iso o que queren. Quizais os poderes fácticos prefiren que votemos a cegas...
Por certo, é curioso ver que este artigo 69.7 non estaba no redactado orixinal da lei. É un engadido de xaneiro de 2011 -cando a propia lei é de 1985-. Noutras palabras, trátase dunha reforma que meteron con calzadeiro a comenzos do ano pasado, nos últimos compases da lexislatura do PSOE. Semella que ámbolos dous partidos maioritarios comparten o medo á transparencia. A cidadanía debería cuestionarse do por que.
En cualquera caso, dende Piratas de Galicia non desexamos ser malpensados. Non queremos selo, pero ás veces póñennolo moi difícil. Por exemplo, chámanos a atención que o fax da Xunta Electoral Central chegara xusto o día no que se publicaba unha enquisa do CIS na que se veía como o PP está caindo en picado.
Para mostra, un botón: en case tódalas preguntas nas que se compara a fe dos votantes e nos partidos maioritarios, o PP recibe tantos puntos coma un partido chamado... ¡"Ningún"! Os enquisados consideran que en Galicia tanto daría o PP como que non houbera partidos (polo menos, dos maioritarios, que son os únicos mencionados na enquisa).
Cando lles pregunta que partido defende mellor a Galicia, o PP obtén o 26,5% de votos. Pero "Ningún" obtén o 26,2%. Cando lles preguntan que partido representa mellor ás ideas de xente como o enquisado, o PP lévase o 27,4%, pero "Ningún" gánalle: 28,7%. Ao preguntar que partido inspira máis confianza, o PP só obtén o 27,8%, pero "Ningún" recibe un humillante 34,8%.
Xusto despois destes resultados, van e nos envían un fax urxente recordándonos que está prohibido publicar enquisas. Como dicimos, non queremos ser malpensados, pero os feitos falan por si sós.
E non é que sexamos nós os únicos que opinamos deste xeito. De feito, tan en caída libre anda o PP, que ata o propio Núñez Feijóo optou por presentar a súa campaña cun cartel que non amosaba as siglas por ningunha parte. Andando sen soar, coma se o candidato non tivera nada que ver co seu partido. Ese Núñez Feijóo que se permitíu incluso falar de Piratas de Galicia sen coñecernos, optou por fuxir do barco do PP antes de afundir con el.
En calquera caso, quede tranquila a Xunta Electoral Central. Piratas de Galicia cumprirá a lei, coma sempre. Como non fai, por exemplo, o PP que xa elva acumulados oito actos prohibidos só nesta campaña. Iso si que é un ataque ao sistema democrático e non o das enquisas...

domingo, 7 de octubre de 2012

O CANDIDATO DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA POR PONTEVEDRA, JUÁN FAJARDO, AFIRMA QUE FEIJÓO IGNORA O SUFRIMENTO DIARIO DOS CIDADÁNS

COMUNICADO DE PRENSA
CAYO LARA PROGNOSTICOU EN VIGO QUE O RESCATE TRADUCIRASE EN NOVOS RECORTES Á CIDADANÍA MENTRES A FRAUDE FISCAL SUPERA OS 90.000 MILLÓNS DE EUROS

YOLANDA DÍAZ, QUE DENUNCIOU AS PROMESAS INCUMPRIDAS DO PP AOS ASTALEIROS GALEGOS, E INDICOU QUE FEIJÓO ATRASA O RESCATE GALEGO POR MOR DAS ELECCIÓNS

O CANDIDATO DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA POR PONTEVEDRA, JUÁN FAJARDO, AFIRMA QUE FEIJÓO IGNORA O SUFRIMENTO DIARIO DOS CIDADÁNS

Despois dunha rolda de prensa no Hotel Coia, Cayo Lara, Yolanda Díaz e Juán Fajardo, desprázanse ata o CEIP Seis do Nadal para expoñer a súa visión política ante un ateigado auditorio.

A necesidade dunha esquerda honesta

Cayo Lara, Coordinador Federal de IU, explicou que “combatendo a fraude fiscal non precisaríamos rescate”. En España calcúlase que a fraude fiscal supera os 90.000 millóns de euros e a responsabilidade podería estar concentrada no 3% das empresas que operan no país. O Coordinador de IU visita Vigo para levar unha mensaxe de alternativa, de esperanza e de “esquerda honesta”.

Cayo Lara, fala das políticas de axuste e o seu fondo. Na súa opinión o programa electoral do Goberno incumpriuse sen ningún tipo de rubor, facendo que a clase traballadora teña que cargar con todo o peso da crise, sen aprobar un só real decreto para xerar emprego. O incumprimento total deixa ás claras que o Partido Popular está a estafar a sociedade e teme que o rescate se traduza en máis medidas de recorte que afecten aos mesmos estratos sociais. É por todo esto que chama ao pobo galego a non deixarse enganar polo aparato propagandístico popular e a que loite polos seus dereitos.

Feijóo destruíu 153.000 empregos en Galicia
Yolanda Díaz, Candidata de Alternativa Galega de Esquerda pola provincia de A Coruña e Coordinadora Nacional de EU, declama que “Feijóo non é o presidente da solvencia, é o presidente do engano, do paro, dos recortes no ensino, dos recortes nas pensións, dos recortes na sanidade e dos recortes nas liberdades civís. […] Feijóo destruíu 153.000 empregos en Galicia en soamente tres anos.”

Yolanda Díaz, pon os datos enriba da mesa para deixar ás claras que Feijóo falta á realidade. En palabras da candidata “temos máis déficit que Cataluña, non piden rescate porque estamos en eleccións, por iso non deberían presumir de solvencia. Yolanda Díaz fixo alusión á perversión das cifras cando se defende que en Galicia é onde menos medra o paro cando nalgunhas zonas da comunidade aumentou nun 70% e moitos traballadores vense forzados a migrar ou pasar miseria.

A Coordinadora de EU fixo un percorrido por máis promesas incumpridas nos tres anos de goberno de Feijóo e polo reducido marxe de garantías de cobertura social pola que queren facer pasar aos galegos e galegas. No caso dos contratos para aos asteleiros remarcou que “maila crise os países de Europa constrúen barcos e Feijóo é incapaz de acadar carga de traballo”, non confía en que vaia conseguir nada no futuro.

A candidata de Alternativa Galega de Esquerda finalizou comparando a Feijóo cun mando a distancia de Rajoy, mentres chamaba a mobilizar aos galegos e galegas porque hai alternativa.

O Partido Popular descoñece o sufrimento da cidadanía.

Juan Fajardo
Foto: TodoVigo
Juán Fajardo, cabeza de lista de Alternativa Galega de Esquerda por Pontevedra, dirixiuse a cidadanía galega. O candidato da coalición mostrouse convencido de que o Partido Popular vive na irrealidade porque descoñece sufrimento diario dos cidadáns e xustifican as súas posturas económicas con datos prefabricados mentres ignoran aqueles que non son convenientes. Juán Fajardo encontrou primordial dar á abstención motivos para rebelarse contra un “Partido Popular que non sabe o que significa que suba o IVA dunha barra de pan”.

Por: Gabinete de Prensa Secretaría de Comunicación Executiva Nacional de Esquerda Unida

viernes, 5 de octubre de 2012

Piratas de Galicia fan pegada de carteis virtual e denuncian condicións de campaña electoral desfavorables


Os Piratas de Galicia fan pegada de carteis virtual e denuncian condicións de campaña electoral desfavorables e insostenibles. 

Comunicado de prensa. 

Xa estamos en plena campaña electoral do 21-o e Piratas de Galicia tamén arranca a súa primeira e modesta campaña. Aínda nos constituimos en xaneiro e o adianto das eleccións, de súpeto, nos poñen na palestra electoral a nove meses dende entón.

Foron varias semanas ocupadas entre as protestas do 25S, os nosos proxectos como ONG proactiva (especialmente #parents2parents xunto cos Pirates de Catalunya e osPiratas de Madrid) e a precampaña electoral. Puidemos xuntar suficientes candidatos nuns prazos ben curtos para presentarnos en dúas das catro provincias galegas: Ourense e Pontevedra.

O Partido Popular estivo enganando á prohibición de chamar ao voto antes do comenzo da campaña con trampas polas que terá que pagar multas por infrinxir as leis electorais ata 6 veces. Con todo, o seu primeiro candidato foi xeneroso de facernos publicidade de balde mentras tanto, ata dúas veces! Unha na radio e outra na prensa.

Xa que a nosa sede está en Internet, temos plantexado facer unha pegada de carteis virtuais pola rede, ainda que tamén lle explicaremos á xente pola rúa con panfletos o que é o movemento pirata e os nosos proxectos coa desculpa de non facer a pegada sucia e antiecolóxica que fan a maioría nesta época só para amosar aos candidatos e algún slogan enlatado.

E non falemos dos custes que implican as barbaridades de euros que se gastan os "grandes" nas campañas xustamente nun tempo que a crise apachoca a todos. Tamén a ilóxica disposición de 5 millóns de papeletas que se imprimen para as eleccións do que só se usará o 1%. ¿Para cando unhas papeletas únicas con tódolos partidos e marca de voto? Será que os grandes queren facer spam e que os seus votantes o leven dende os fogares...

Neste aspecto, dende Piratas de Galicia queremos ser responsables e denunciaremos nas xuntas electorais para que en futuras eleccións, de calquera ámbito, sexamosresponsables co entorno e os custes que se xeneran. Ah! e non nos esquecemos que case nos obrigaron a mercar unha máquina dos 80 que chaman fax para comunicarnos con eles! Co axiña que se moven os email e a súa gratuidade no século 21.

Por outra banda, é de escándalo o reparto dos recursos públicos que se fan por lei e que benefician aos de sempre. Publicidade na TV, locais públicos para facer mitins, ata as farolas que alumean e serven para pendurar aos candidatos en fotografía retocada. Así tamén temos asinado unmanifesto "Pola Igualdade de Oportunidades nas Eleccións" con algúns dos outros partidos minoritarios que se presentan a estas eleccións co obxectivo de que os medios nos traten por igual ou polo menos non de xeito tan desproporcionado.

Vaia 15 días imos ter por diante con intentos de convencer por repetición desprezando a intelixencia dos habitantes das cidades. Temos esperanza de que non fagan moitas roldas cos altofalantes movibles e se limite a contaminación acústica de mensaxes redundantes.

Non lles chega con ter inxentes donativos e acaparar finanzamento público que o queren todo para eles. Aproveitamos para dicir que tamén aceptamos doazóns na conta de banca ética de Triodos Bank número 1491 0001 20 2036735922. Calquera axuda individual será benvida e saberá onde se van investir xa que en cada asemblea presentamos as nosas contas con precisión dun euro, sen escuras artimañas contables.

Finalmente, queremos apelar ao cidadán responsable que non acuda ás urnas a votar co medo que farán valer entre os partidos maioritarios ou mesmo a ilóxica razón do voto útil*. Emprazámos aos votantes que neste tempoexamine tódalas propostas e que vote en conciencia, sen temores e con coraxe á mellor opción que atope.

Saúde e Oruxo!

jueves, 4 de octubre de 2012

Demos el Cambio nas eleccións para a Xunta de Galicia

Demos el Cambio nas eleccións para a Xunta de Galicia TodoVigo dará espazo a todas as formacións que así o requiran