viernes, 5 de octubre de 2012

Piratas de Galicia fan pegada de carteis virtual e denuncian condicións de campaña electoral desfavorables


Os Piratas de Galicia fan pegada de carteis virtual e denuncian condicións de campaña electoral desfavorables e insostenibles. 

Comunicado de prensa. 

Xa estamos en plena campaña electoral do 21-o e Piratas de Galicia tamén arranca a súa primeira e modesta campaña. Aínda nos constituimos en xaneiro e o adianto das eleccións, de súpeto, nos poñen na palestra electoral a nove meses dende entón.

Foron varias semanas ocupadas entre as protestas do 25S, os nosos proxectos como ONG proactiva (especialmente #parents2parents xunto cos Pirates de Catalunya e osPiratas de Madrid) e a precampaña electoral. Puidemos xuntar suficientes candidatos nuns prazos ben curtos para presentarnos en dúas das catro provincias galegas: Ourense e Pontevedra.

O Partido Popular estivo enganando á prohibición de chamar ao voto antes do comenzo da campaña con trampas polas que terá que pagar multas por infrinxir as leis electorais ata 6 veces. Con todo, o seu primeiro candidato foi xeneroso de facernos publicidade de balde mentras tanto, ata dúas veces! Unha na radio e outra na prensa.

Xa que a nosa sede está en Internet, temos plantexado facer unha pegada de carteis virtuais pola rede, ainda que tamén lle explicaremos á xente pola rúa con panfletos o que é o movemento pirata e os nosos proxectos coa desculpa de non facer a pegada sucia e antiecolóxica que fan a maioría nesta época só para amosar aos candidatos e algún slogan enlatado.

E non falemos dos custes que implican as barbaridades de euros que se gastan os "grandes" nas campañas xustamente nun tempo que a crise apachoca a todos. Tamén a ilóxica disposición de 5 millóns de papeletas que se imprimen para as eleccións do que só se usará o 1%. ¿Para cando unhas papeletas únicas con tódolos partidos e marca de voto? Será que os grandes queren facer spam e que os seus votantes o leven dende os fogares...

Neste aspecto, dende Piratas de Galicia queremos ser responsables e denunciaremos nas xuntas electorais para que en futuras eleccións, de calquera ámbito, sexamosresponsables co entorno e os custes que se xeneran. Ah! e non nos esquecemos que case nos obrigaron a mercar unha máquina dos 80 que chaman fax para comunicarnos con eles! Co axiña que se moven os email e a súa gratuidade no século 21.

Por outra banda, é de escándalo o reparto dos recursos públicos que se fan por lei e que benefician aos de sempre. Publicidade na TV, locais públicos para facer mitins, ata as farolas que alumean e serven para pendurar aos candidatos en fotografía retocada. Así tamén temos asinado unmanifesto "Pola Igualdade de Oportunidades nas Eleccións" con algúns dos outros partidos minoritarios que se presentan a estas eleccións co obxectivo de que os medios nos traten por igual ou polo menos non de xeito tan desproporcionado.

Vaia 15 días imos ter por diante con intentos de convencer por repetición desprezando a intelixencia dos habitantes das cidades. Temos esperanza de que non fagan moitas roldas cos altofalantes movibles e se limite a contaminación acústica de mensaxes redundantes.

Non lles chega con ter inxentes donativos e acaparar finanzamento público que o queren todo para eles. Aproveitamos para dicir que tamén aceptamos doazóns na conta de banca ética de Triodos Bank número 1491 0001 20 2036735922. Calquera axuda individual será benvida e saberá onde se van investir xa que en cada asemblea presentamos as nosas contas con precisión dun euro, sen escuras artimañas contables.

Finalmente, queremos apelar ao cidadán responsable que non acuda ás urnas a votar co medo que farán valer entre os partidos maioritarios ou mesmo a ilóxica razón do voto útil*. Emprazámos aos votantes que neste tempoexamine tódalas propostas e que vote en conciencia, sen temores e con coraxe á mellor opción que atope.

Saúde e Oruxo!

No hay comentarios: