jueves, 25 de octubre de 2012

27O, VIGO CONTRA O CAPITALISMO E A SÚA AUSTERIDADE


COMUNICADO DE PRENSA
27O: CONTRA O CAPITALISMO E A SÚA AUSTERIDADE
Unha chamada á mobilización popular en resposta ao asoballamento e a inxustiza social propiciada polo actual sistema.

Non leas isto
sábado 27 de outubro, terá lugar na cidade de Vigo unha marcha cidadá desobediente, rebelde e non violenta, con comezo na Farola (cruce das rúas Príncipe, Urzáiz e Colón) ás 17:00h., e remate na delegación territorial da Xunta de Galicia (R/ Concepción Arenal nº 8). Esta mobilización non é se non a reacción popular responsable, ética e lóxica ao recorte de liberdades e dereitos básicos aos que a cidadanía está sendo sometida por mor dos intereses dunha elite política e económica máis preocupada por salvar á banca e ao sector privado que por procurar o mellor para á cidadanía á que representa.

O debate á totalidade dos presupostos para o 2013, pechado hoxe xoves 25 de outubro, supón un novo golpe aos dereitos dunha cidadanía, que, unha vez máis, vese obrigada a pagar os intereses dunha débeda xerada por un sistema financeiro que durante anos contribuíu ao enriquecemento duns poucos en detrimento dos dereitos básicos e da xustiza social. Así, estes presupostos funcionan como ferramenta da loita de clases, empregada estratexicamente para que as grandes empresas e as elites de poder manteñan (e mesmo aumenten) os seus beneficios a costa de toda a cidadanía.

Amparado no argumento da austeridade, os actuais sistemas económico (baseado no liberalismo máis radical) e político (que no caso de España queda traducido na alternancia pechada no poder dos partidos do réxime, e nos intentos represivos de silenciar á masa crítica) non levan se non ao empobrecemento alarmante e innegable da cidadanía, en beneficio da elite capitalista que concentra e exerce o poder.
Neste contexto, a loita preséntase como a única e a máis responsable das saídas, unha desobediencia ética e responsable daquelas normas que, non só non representan á maioría, se non que lastran, coartan e mesmo desmantelan os dereitos (sociais, económicos, culturais...) da cidadanía, restrinxindo as liberdades públicas. Temos a responsabilidade de facer fronte ao sistema empregando todos aqueles mecanismos que teñamos ao noso alcance.
¡¡¡DEFENDAMOS OS DEREITOS E AS LIBERDADES DE TODXS NÓS!!!

No hay comentarios: