miércoles, 10 de octubre de 2012

A Liga Estudaintil Galega convoca a xornada de movilización o xoves 11


Comunicado

O xoves que ven, 11 de outubro, vai ter lugar a Xornada Internacional de Mobilización estudantil. Temos que deixar as aulas e sair á rúa a protestar polos recortes no Ensino, tanto básico e medio como superior.

Protestamos polos recortes en educación e pola aplicación concreta nas Universidades Galegas, a través do progresivo aumento das taxas, do aumento das dificultades de acceso á Universidade, normativas de permanencia que buscan botarnos dos Estudos Superiores, maiores trabas para conseguir unha bolsa, escasa (ou nula, como acontece na Universidade da Coruña) oferta de residencias públicas... Pero tamén pola súa aplicación no Ensino básico e medio, nesa reforma educativa prevista que abre un camiño máis cara a elitización e a segregación nas aulas.

Por todo isto, o xoves 11 de outubro iremos á folga, para defender o Ensino Público, a Universidade Pública. Para que todas teñamos dereito a estudar sen trabas económicas...

O xoves 11 non vaias a clase, vai ás movilizacións. Ir a aulas é importante, pero máis importante é defender o Ensino Público. Se nós non o facemos, ninguén o fará por nós. Que hoxe podamos estudar é froito das loitas que antes pelearon outros por nós: se non facemos o mesmo, no futuro só os fillos e fillas dos ricos poderán estudar.

O dia 11, FOLGA ESTUDANTIL!

Hora das manifestacións:
A Coruña, 12 horas na rotonda do Campus de Elviña
Santiago de Compostela, 12 horas no Toural
Vigo, 12 horas na Praza dos Cabalos
Pontevedra, 12 horas fronte á Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Ourense, 12 horas desde a Consellaría de Educación
Lugo, 12:30 horas desde o edificio de Intercentros

No hay comentarios: