COMUNICADO DE PRENSA
CAYO
LARA PROGNOSTICOU EN VIGO QUE O RESCATE TRADUCIRASE EN NOVOS RECORTES
Á CIDADANÍA MENTRES A FRAUDE FISCAL SUPERA OS 90.000 MILLÓNS DE
EUROS
YOLANDA
DÍAZ, QUE DENUNCIOU AS PROMESAS INCUMPRIDAS DO PP AOS ASTALEIROS
GALEGOS, E INDICOU QUE FEIJÓO ATRASA O RESCATE GALEGO POR MOR DAS
ELECCIÓNS
O
CANDIDATO DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA POR PONTEVEDRA, JUÁN
FAJARDO, AFIRMA QUE FEIJÓO IGNORA O SUFRIMENTO DIARIO DOS CIDADÁNS
Despois
dunha rolda de prensa no Hotel Coia, Cayo Lara, Yolanda Díaz e Juán
Fajardo, desprázanse ata o CEIP Seis do Nadal para expoñer a súa
visión política ante un ateigado auditorio.
A
necesidade dunha esquerda honesta
Cayo
Lara, Coordinador Federal de IU, explicou que “combatendo a fraude
fiscal non precisaríamos rescate”. En España calcúlase que a
fraude fiscal supera os 90.000 millóns de euros e a responsabilidade
podería estar concentrada no 3% das empresas que operan no país.
O Coordinador de IU visita Vigo para levar unha mensaxe de
alternativa, de esperanza e de “esquerda honesta”.
Cayo
Lara, fala das políticas de axuste e o seu fondo. Na súa opinión o
programa electoral do Goberno incumpriuse sen ningún tipo de rubor,
facendo que a clase traballadora teña que cargar con todo o peso da
crise, sen aprobar un só real decreto para xerar emprego. O
incumprimento total deixa ás claras que o Partido Popular está a
estafar a sociedade e teme que o rescate se traduza en máis
medidas de recorte que afecten aos mesmos estratos sociais. É
por todo esto que chama ao pobo galego a non deixarse enganar polo
aparato propagandístico popular e a que loite polos seus dereitos.
Feijóo
destruíu 153.000 empregos en Galicia
Yolanda
Díaz, Candidata de Alternativa Galega de Esquerda pola provincia de
A Coruña e Coordinadora Nacional de EU, declama que “Feijóo
non é o presidente da solvencia, é o presidente do engano, do
paro, dos recortes no ensino, dos recortes nas pensións, dos
recortes na sanidade e dos recortes nas liberdades civís. […]
Feijóo destruíu 153.000 empregos en Galicia en soamente tres anos.”
Yolanda
Díaz, pon os datos enriba da mesa para deixar ás claras que Feijóo
falta á realidade. En palabras da candidata “temos máis
déficit que Cataluña, non piden rescate porque estamos en
eleccións, por iso non deberían presumir de solvencia. Yolanda
Díaz fixo alusión á perversión das cifras cando se defende que en
Galicia é onde menos medra o paro cando nalgunhas zonas da
comunidade aumentou nun 70% e moitos traballadores vense forzados a
migrar ou pasar miseria.
A
Coordinadora de EU fixo un percorrido por máis promesas incumpridas
nos tres anos de goberno de Feijóo e polo reducido marxe de
garantías de cobertura social pola que queren facer pasar aos
galegos e galegas. No caso dos contratos para aos asteleiros remarcou
que “maila crise os países de Europa constrúen barcos e Feijóo
é incapaz de acadar carga de traballo”, non confía en que
vaia conseguir nada no futuro.
A
candidata de Alternativa Galega de Esquerda finalizou comparando a
Feijóo cun mando a distancia de Rajoy, mentres chamaba a mobilizar
aos galegos e galegas porque hai alternativa.
O
Partido Popular descoñece o sufrimento da cidadanía.
Juan Fajardo Foto: TodoVigo |
Por: Gabinete de Prensa Secretaría
de Comunicación Executiva
Nacional de Esquerda Unida
No hay comentarios:
Publicar un comentario