jueves, 11 de octubre de 2012

ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDAS PROPORÁ A DERROGACIÓN DO PROXECTO DE LEI DE TASAS XUDICIAIS DO PP


ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDAS PROPORÁ A DERROGACIÓN DO PROXECTO DE LEI DE TASAS XUDICIAIS DO PP

Comunicado de prensa

Juan Fajardo, candidato 
A candidatura encabezada na provincia de Pontevedra por Juan Fajardo e Chelo Martínez  considera que estamos asistinto a unha “demolición controlada” do concepto  de xustiza gratuita e universal e lembra que en 1986 elimináronse as tasas xudiciais precisamente para vencer os problemas de acceso cidadán á xustiza. Os posteriores intentos como o de 2002 do PP por reintroducilas non obrigaban ao pago á maíoria dos usuarios pero agora asistimos a un verdadeiro expolio de dereitos xudiciais.

Alternativa Galega de Esquerda quere expresar o seu total rexeitamento ó respecto do proxecto de lei de tasas xudiciais polo que confía en que non se chegue a aprobar a modificación da Lei Orgánica do Poder Xudicial. 

En todo caso alerta de que a exposición de motivos da proposta de lei significa que moita xente quedará fóra do dereito democrático ao acceso á xustiza, especialmente na raclamación xudicial de pequenas débedas que se introduce a obrigatoriedade de ter abogado/a e procurador/a e o pago dun depósito mínimo de 100 euros a Facenda para que a reclamación posterior sexa posible.

Especialmente grave é o capítulo dos recursos de multas, xa que a cidadanía terá que pagar un mínimo de 200 euros de tasa simplemente para que o seu recurso pase ao xuzgado.

A Alternativa Galega de Esquerdas reclama que a xustiza continúe a ser gratuíta, que non se saturen os turnos de oficio suprimíndolles profesionais, de xeito que a última vía sexa o pago do servizo ou a renuncia a un dereito.

Quen malgasta os servizos, a persoa que reclama os seus salarios ou quen se nega a pagalos? Unha vez máis asistimos á privatización dos servizos baixo a excusa da "sobreutilización" do público.

No hay comentarios: