Piratas de Galicia recibíu unha curiosa esixencia: a de non publicar enquisas electorais cinco días antes das elecciones. Fíxoo a Xunta Electoral Central por medio deste fax urxente.
A esixencia non é curiosa porque sexa ilegal. De feito, entra perfectamente dentro do previsto polo artigo 69.7 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeneral. Pero chámanos a atención que nos dean este aviso (non só a nós, senón a tódolos partidos) porque é como se pensaran que imos a incumplir a lei.
Resulta tan absurdo como se nos lembraran que non roubaremos ou que non saltaremos os semáforos en vermello. Non fai falla esixir o cumprimento dunha ley de forma preventiva: dase por sentado que a lei será respetada.
Máis con nós. Cremos que a Xunta Electoral Central non debe ter nengún motivo de queixa de Piratas de Galicia, que endexamais tivo nengún problema xurídico (cousa que non poden dicir tódolos partidos). Piratas de Galicia respeta a lei e non precisa recordatorios.
Respetámola mesmo neste caso, no que estamos en desacordo con ela. Porque entendemos que, xa que o mencionan, o artigo 69.7 citado vai en contra da transparencia gubernamental, que é unha das nosas pilastras ideolóxicas.
¿Que sentido ten prohibir a publicación de enquisas cinco días antes das eleccións? ¿Tanto medo ten a Xunta Electoral Central (ou os partidos maioritarios) a que a xente estea informada?
As campañas electorais só duran o curto prazo de quince días. Se lle quitamos cinco, ripámoslle un terceiro da súa duración ás enquisas electorais. Unha ferramenta que pode server para que os votantes acudan as urnas con opinións claras baseadas en datos obxectivos. Quitar cinco días ás enquisas electorais é roubar información, é reducir a transparencia.
Ainda que quizais é iso o que queren. Quizais os poderes fácticos prefiren que votemos a cegas...
Por certo, é curioso ver que este artigo 69.7 non estaba no redactado orixinal da lei. É un engadido de xaneiro de 2011 -cando a propia lei é de 1985-. Noutras palabras, trátase dunha reforma que meteron con calzadeiro a comenzos do ano pasado, nos últimos compases da lexislatura do PSOE. Semella que ámbolos dous partidos maioritarios comparten o medo á transparencia. A cidadanía debería cuestionarse do por que.
En cualquera caso, dende Piratas de Galicia non desexamos ser malpensados. Non queremos selo, pero ás veces póñennolo moi difícil. Por exemplo, chámanos a atención que o fax da Xunta Electoral Central chegara xusto o día no que se publicaba unha enquisa do CIS na que se veía como o PP está caindo en picado.
Para mostra, un botón: en case tódalas preguntas nas que se compara a fe dos votantes e nos partidos maioritarios, o PP recibe tantos puntos coma un partido chamado... ¡"Ningún"! Os enquisados consideran que en Galicia tanto daría o PP como que non houbera partidos (polo menos, dos maioritarios, que son os únicos mencionados na enquisa).
Cando lles pregunta que partido defende mellor a Galicia, o PP obtén o 26,5% de votos. Pero "Ningún" obtén o 26,2%. Cando lles preguntan que partido representa mellor ás ideas de xente como o enquisado, o PP lévase o 27,4%, pero "Ningún" gánalle: 28,7%. Ao preguntar que partido inspira máis confianza, o PP só obtén o 27,8%, pero "Ningún" recibe un humillante 34,8%.
Xusto despois destes resultados, van e nos envían un fax urxente recordándonos que está prohibido publicar enquisas. Como dicimos, non queremos ser malpensados, pero os feitos falan por si sós.
E non é que sexamos nós os únicos que opinamos deste xeito. De feito, tan en caída libre anda o PP, que ata o propio Núñez Feijóo optou por presentar a súa campaña cun cartel que non amosaba as siglas por ningunha parte. Andando sen soar, coma se o candidato non tivera nada que ver co seu partido. Ese Núñez Feijóo que se permitíu incluso falar de Piratas de Galicia sen coñecernos, optou por fuxir do barco do PP antes de afundir con el.
En calquera caso, quede tranquila a Xunta Electoral Central. Piratas de Galicia cumprirá a lei, coma sempre. Como non fai, por exemplo, o PP que xa elva acumulados oito actos prohibidos só nesta campaña. Iso si que é un ataque ao sistema democrático e non o das enquisas...
1 comentario:
Interesante tamén o vídeo sobre Open Government que teñen na portada: http://www.youtube.com/watch?v=LRDvelvezdA
Publicar un comentario