Etiquetas
15MVigo
actividades
agenda
arte
artesanos
barrios de Vigo
Bouzas
Brincadeira Bouzas
cacicadas
Calvario
Camelias
Candela
Cangas
casco vello
charlas
colectivos
Comarca y alrededores
comunicados
conciertos
concursos
conferencias
cultura
cursos
Desfeites
desinformacion
exposiciones
ferias
folgas
fotos
furanchos
galego
gastronomia
homenaje
humor grafico
locales
manifestación
memoria histórica
morrazo
museos
musica
Notas publicadas con retraso
novas
ons
pobreza
Poesía
política
puerto
reportajes
republica
routeiros
rua
sucesos
talleres
tecnologia
Teis
trasporte
videos
Vitrasa
wifi gratis
xancarajazz
lunes, 8 de octubre de 2012
Nace en Vigo LazarusHack, taller de reciclaxe de computadores
Nace en Vigo LazarusHack, taller de reciclaxe de computadores
Decenas de miles de computadores, compoñentes e periféricos xuntan po en trasteiros e andeis porque os seus propietarios non xuntan valor para tiralos, polo xeral saben ou intúen que poden ser reutilizados ou ben deben ser descartados da maneira máis limpa posible pero non teñen os coñecementos suficientes para encamiñar esta situación.
Ao mesmo tempo (sen necesidade de mirar ao chamado terceiro mundo) moitas persoas e asociacións non dispoñen do material informático que necesitan.
Esta situación dáse principalmente por mor dun dos elementos máis atroces do capitalismo e a sociedade de consumo, a obsolescencia programada. A obsolescencia programada na industria informática non está baseada tanto no desgaste material acelerado mediante técnicas de enxeñaría, como noutras industrias, senón na mercadotecnia.
Dúas palabras ás que polo xeral lles damos sentido positivo, simbiose e sinerxia, neste caso toman un contido nefasto ao converterse en sinónimos de crime organizado. A interacción entre a industria do software (de código pechado) e do hardware cos seus pactos de "estandarizaciones" o seu gran aparello publicitario e o seu control por medios mafiosos das canles de comercialización induce de maneira moi efectiva a dar por inútiles ou obsoletos elementos tecnolóxicos que eran novos hai media década.
Por iso en Vigo un grupo de afeccionados á informática co patrocinio de TodoVigo e 15MCS está a crear LazarusHack, porque en informática si hai vida despois da vida.
O principal obxectivo de LazarusHack é o reaproveitamento para uso social de elementos informáticos supostamente obsoletos, (uso social non significa soamente comunitario) tamén se beneficiarán particulares que necesiten ordenadores para traballar, estudar ou exercer a súa liberdade de expresión.
A metodoloxía de traballo baséase principalmente en dous elementos:
1) A posta a piques dos computadores obtidos mediante doazóns. Coa axuda de técnicos e enxeñeiros recuperaranse as máquinas dándolle a cada unha a máxima capacidade que a súa natureza e os elementos dispoñibles permitan.
2) A Implementación de software libre en todas as unidades xa que ao contrario que o software encarceado, o software libre non só non participa da mafia da obsolescencia programada senón que xera ferramentas para o máximo aproveitamento do hardware ao longo do tempo. Tamén se axudará a pasarse a Linux a persoas e institucións que xa teñan equipos informáticos pero non os estean aproveitando ao máximo das súas posibilidades por estar a usar sistemas operativos vendidos ou "regalados" polas mafias da informática carcelaria e consumista. Desta maneira non só obtense un mellor aproveitamento tecnolóxico ademais deixamos de estar en mans da atroz industria.
Os elementos non aproveitables serán descartados da maneira máis sustentable que sexa posible.
Polo momento LazarusHack ten un só punto para recibir doazóns: Asociación SerHacer: Praza Santa Rita Nº 3 -local 1- 36204. Vigo. Teléfonos: 986.431.331 - 658.771.015. As doazóns deben deixarse a nome de "Ben (LazarusHak)".
Se nos é posible retiraremos a domicilio as doazóns das persoas que non poidan levalas aos puntos de recepción.
Podes porte en contacto cos promotores de LazarusHack tanto para doar como para pedir ou ofrecer axuda mediante este formulario de contacto: www.lazarushack.piesnegros.org/contacto
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario