lunes, 27 de agosto de 2012

Afectados preferentes: Novas accións protesta


Para conseguir que a súa causa teña máis impacto fóra de España, os afectados polas participacións preferentes de Vigo-Valmiñor preparan unha acción de protesta para o próximo 6 de setembro no porto olívico, día no que recalarán na cidade tres transatlánticos cuns 10400 pasaxeiros. Por elo, achegaranse ao peirao de cruceiros vigués para levar a cabo unha concentración con pancartas e lemas en inglés.

Ademais, como xa anunciaran, aproveitarán o paso de La Vuelta ciclista por Vigo e a súa comarca (o martes 28 de agosto, perto das 13.00 h., no Alto de San Cosme, Zamans) para facer visibles as súas demandas. Non obstante, José Manuel Estévez (portavoz da Plataforma de Afectados polas Participacións Preferentes e Subordinadas de Vigo-Val Miñor) quixo 'dejar claro' que os afectados non teñen pensado 'ni molestar ni interferir' o desenvolvemento normal da carreira ciclista.


sábado, 18 de agosto de 2012

Concentración polas restriccións á actual Lei de Aborto, Vigo 14 agosto


Como todos os martes (a partires do 7 de agosto), a Marcha Mundial das Mulleres concentrouse xunto á xente diante do MARCO (Vigo), para mostrar o total desacordo coas restriccións á actual Lei de Aborto anunciadas por Alberto Ruiz Gallardón.

A pesares da choiva en pleno agosto, as mulleres seguiremos traballando tenazmente ata que ¡todas sexamos libres!

E cantamos:
“Ai Gallardón, ai Gallardón, non parecía pero eres un….”
“Ai Gallardón, que ‘caballero’, en catro días miróuseche o plumero…”

Concentración polas restriccións á actual Lei de Aborto, Vigo 14/08/2012

Máis infoGallardón dimisión

lunes, 13 de agosto de 2012

Los Vigueses BEN SENMEDO estrenan videoclip

Los Vigueses BEN SENMEDO estrenan videoclip de su canción Bien Sinmiedo, el vídeo fue grabado en típicos paisajes gallegos a las afueras de Vigo.



BIEN SINMIEDO

Si andando si hay caminos,
si andando no hay final
y del mar hay vuelta al río,
sólo muere lo carnal.

Sin miedo ya sé ganar.
Sin miedo ya sé ganar.

Alma en vida es carnaval,
mi energía no es carnal,
veo el bien, me hace pensar
sin miedo.

Sin miedo ya sé ganar.
Sin miedo ya sé ganar.

El disfraz lo llevo en vida,
sin vida lo quitaría
y otra vida me pondría.
Carnaval es siempre un día,
cada día de mis vidas.
cada día de mis vidas
sin miedo. Sin miedo.

Sin miedo ya sé ganar.
Sin miedo ya sé ganar.
Sin miedo ya sé ganar.
Sin miedo ya sé ganar.

Sí, sin miedo.
Sí, sin miedo.

BEN SENMEDO

Reivindicando unha educación crítica: Proxección-Debate no Auditorio do Concello de Vigo

Reivindicando unha educación crítica: Proxección-Debate no Auditorio do Concello de Vigo.

"A educación está agardando a que a deixemos actuar, non a prohibamos... liberémola".

"Aprendiendo en la Tribu" é un grupo de traballo formado por profesorado de distintas áreas e etapas. Na busca de diversas realidades educativas, colaboramos na difusión da película-documental e o seu proxecto LA EDUCACIÓN PROHIBIDA, que comezou na América Latina por iniciativa da mocidade, concretamente dun grupo de estudantes da área da comunicación audiovisual que está convencido de que unha educación consciente e de calidade é un factor fundamental no desenvolvemento dun mundo mellor.

Nesta idea, comezaron unha busca de profesionais e especialistas na área da educación, pedagoxía e desenvolvemento humano, co obxectivo de coñecer en profundidade as diferentes propostas educativas que desafiaron a estrutura tradicional da escolarización como a coñecemos comunmente.

Por este motivo, convidámosvos a asistirdes á súa estrea mundial o próximo 13 de agosto ás 18:00 horas, con entrada gratuíta, no Auditorio Municipal do Concello de Vigo (Pza do Rei, n.º1, Vigo).

Esperamos contar coa vosa presenza e así potenciar o diálogo de toda a sociedade co fin de camiñar xuntos cara a unha educación crítica, de calidade e para todas e todos.

Grazas de antemán polo voso apoio,

Susana
APRENDIENDO EN LA TRIBU.

Trailer do documental


Web oficial: http://www.educacionprohibida.com/
Proxección en Vigo: http://proyecciones.educacionprohibida.com/

jueves, 9 de agosto de 2012

Proxeccións en Vigo do documental "Calle del Acuerdo 8 el patio"

O equipo técnico no final da rodaxe, foto do blog do documental

No mítico barrio madrileño de Malasaña, existe un edificio que no seu día albergou o colexio de monxas Luz Casanova e que Cáritas, decide vender por un prezo irrisorio, a un sinistro personaxe salpicado polas diversas tramas de corrupción que asedian ao Partido Popular madrileño.

Condenado  á especulación este edificio, esperando quizais que cambie o plan urbanístico que encadra o número oito da "Calle del Acuerdo, como dotación social, decide abandonalo durante practicamente dez anos, tempo no cal, a mediados do 2007, un grupo de persoas deciden liberalo e cedelo así a un barrio carente de alternativas lúdico sociais, creando entón, o centro social okupado autoxestionado e polivalente patio marabillas.

Durante dous anos e medio, ese edificio abandonado a ningunha sorte, encher de vida, de soños, de gañas, de ilusión. Nas súas aulas outrora parque temático para as ratas, con ás ou non, créase un taller de bicicletas, un hamlab, unha cafeteiría onde poder charlar e tomarse algo a un prezo razoable, un coro, sesións de cinema, unha oficina de dereitos sociais, clases de idiomas, un mesón, unha tele, unha radio, salas onde poder reunirse sen pagar por iso, unha cabina telefónica gratuíta conectada a internet, mil talleres e sobre todo un patio.

Para os que non viviron, nin sentiron un lugar así e para os que si, teñen a oportunidade de gozar do documental "Calle del Acuerdo 8 el patio", un documental onde os veciños e usuarios do patio marabillas, contan a sinerxia que estes tiñan con tal singular lugar.

O documental  "Calle del Acuerdo 8 el patio" , está realizado de maneira autoxestionada e auto-organizada, coa colaboración dun nutrido grupo de profesionais que realizaron o seu traballo dunha maneira non remunerada durante a produción e post-produción.

O documental poderá verse en Vigo esta Sexta-feira no L.S faísca, Rúa Toledo 9 as 20:30hs e o sábado en L.S Revolta, rúa Real 12 á mesma hora.

Trailer
Blog do documental.

martes, 7 de agosto de 2012

Concentracións en Vigo polas restriccións á actual Lei de Aborto

A Coordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres convídavos a participar nas concentracións que faremos todos os martes a partires do 7 de agosto, ás 20.30 diante do MARCO (Vigo), para visibilizar o noso total desacordo coas restriccións á actual Lei de Aborto anunciadas polo ministro de xustiza, Gallardón.

As mulleres non descansaremos ata que os escasos logros que obtivemos nos últimos anos sexan inamobibles e interiorizados polos
gobernos presentes e futuros, como algo normalizado e fundamental dunha sociedade democrática e igualitaria.

As mulleres da Marcha Mundial das Mulleres constatamos con rabia que os discursos machistas, hipócritas e cargados de noxento paternalismo, estanse a extender en todos os pobos, mais iso non é para nosoutras causa de abafamento, máis ben ao contrario, levamos loitando máis de dez anos en diferentes terras e en diferentes frentes, por iso unha vez máis na Galiza berramos:

¡¡¡MULLERES EN MARCHA ATA QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!!!





TODOS OS MARTES ás 20.30 H diante do MARCO (VIGO)





Convoca  
Marcha Mundial Mulleres Galiza