Reivindicando unha educación crítica: Proxección-Debate no Auditorio do Concello de Vigo.
"A educación está agardando a que a deixemos actuar, non a prohibamos... liberémola".
"Aprendiendo en la Tribu" é un grupo de traballo formado por profesorado de distintas áreas e etapas. Na busca de diversas realidades educativas, colaboramos na difusión da película-documental e o seu proxecto LA EDUCACIÓN PROHIBIDA, que comezou na América Latina por iniciativa da mocidade, concretamente dun grupo de estudantes da área da comunicación audiovisual que está convencido de que unha educación consciente e de calidade é un factor fundamental no desenvolvemento dun mundo mellor.
Nesta idea, comezaron unha busca de profesionais e especialistas na área da educación, pedagoxía e desenvolvemento humano, co obxectivo de coñecer en profundidade as diferentes propostas educativas que desafiaron a estrutura tradicional da escolarización como a coñecemos comunmente.
Por este motivo, convidámosvos a asistirdes á súa estrea mundial o próximo 13 de agosto ás 18:00 horas, con entrada gratuíta, no Auditorio Municipal do Concello de Vigo (Pza do Rei, n.º1, Vigo).
Esperamos contar coa vosa presenza e así potenciar o diálogo de toda a sociedade co fin de camiñar xuntos cara a unha educación crítica, de calidade e para todas e todos.
Grazas de antemán polo voso apoio,
Susana
APRENDIENDO EN LA TRIBU.
Trailer do documental
Web oficial: http://www.educacionprohibida.com/
Proxección en Vigo: http://proyecciones.educacionprohibida.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario