lunes, 27 de agosto de 2012

Afectados preferentes: Novas accións protesta


Para conseguir que a súa causa teña máis impacto fóra de España, os afectados polas participacións preferentes de Vigo-Valmiñor preparan unha acción de protesta para o próximo 6 de setembro no porto olívico, día no que recalarán na cidade tres transatlánticos cuns 10400 pasaxeiros. Por elo, achegaranse ao peirao de cruceiros vigués para levar a cabo unha concentración con pancartas e lemas en inglés.

Ademais, como xa anunciaran, aproveitarán o paso de La Vuelta ciclista por Vigo e a súa comarca (o martes 28 de agosto, perto das 13.00 h., no Alto de San Cosme, Zamans) para facer visibles as súas demandas. Non obstante, José Manuel Estévez (portavoz da Plataforma de Afectados polas Participacións Preferentes e Subordinadas de Vigo-Val Miñor) quixo 'dejar claro' que os afectados non teñen pensado 'ni molestar ni interferir' o desenvolvemento normal da carreira ciclista.


No hay comentarios: