jueves, 9 de agosto de 2012

Proxeccións en Vigo do documental "Calle del Acuerdo 8 el patio"

O equipo técnico no final da rodaxe, foto do blog do documental

No mítico barrio madrileño de Malasaña, existe un edificio que no seu día albergou o colexio de monxas Luz Casanova e que Cáritas, decide vender por un prezo irrisorio, a un sinistro personaxe salpicado polas diversas tramas de corrupción que asedian ao Partido Popular madrileño.

Condenado  á especulación este edificio, esperando quizais que cambie o plan urbanístico que encadra o número oito da "Calle del Acuerdo, como dotación social, decide abandonalo durante practicamente dez anos, tempo no cal, a mediados do 2007, un grupo de persoas deciden liberalo e cedelo así a un barrio carente de alternativas lúdico sociais, creando entón, o centro social okupado autoxestionado e polivalente patio marabillas.

Durante dous anos e medio, ese edificio abandonado a ningunha sorte, encher de vida, de soños, de gañas, de ilusión. Nas súas aulas outrora parque temático para as ratas, con ás ou non, créase un taller de bicicletas, un hamlab, unha cafeteiría onde poder charlar e tomarse algo a un prezo razoable, un coro, sesións de cinema, unha oficina de dereitos sociais, clases de idiomas, un mesón, unha tele, unha radio, salas onde poder reunirse sen pagar por iso, unha cabina telefónica gratuíta conectada a internet, mil talleres e sobre todo un patio.

Para os que non viviron, nin sentiron un lugar así e para os que si, teñen a oportunidade de gozar do documental "Calle del Acuerdo 8 el patio", un documental onde os veciños e usuarios do patio marabillas, contan a sinerxia que estes tiñan con tal singular lugar.

O documental  "Calle del Acuerdo 8 el patio" , está realizado de maneira autoxestionada e auto-organizada, coa colaboración dun nutrido grupo de profesionais que realizaron o seu traballo dunha maneira non remunerada durante a produción e post-produción.

O documental poderá verse en Vigo esta Sexta-feira no L.S faísca, Rúa Toledo 9 as 20:30hs e o sábado en L.S Revolta, rúa Real 12 á mesma hora.

Trailer
Blog do documental.

No hay comentarios: