Mostrando entradas con la etiqueta noticias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta noticias. Mostrar todas las entradas

jueves, 7 de febrero de 2013

Solidariedade urxente con Noelia


Solidariedade urxente con Noelia Cotelo, en folga de fame dende o 8-1-2013, perigo de coma hipoglucémico.

A vida de Noelia Cotelo Ribeiro, veciña de A Coruña, encóntrase en grave perigo no Centro Penitenciario de Brieva, Ávila.
Noelia retomou a Folga de Fame, as súas reivindicacións son:
 *Levantamento da Suspensión das Comunicacións.
*Traslado fora do CP Brieva, Ávila.  Achegarse a súa terra, Galiza.
*Que non haxa homes nas cadeas de mulleres.
*Fin das Torturas e Malos Tratos na Prisión.
 Noe chamou á súa nai o luns 5 ás 17.30 hrs. para informarlle do seguinte:
*Tivérona esposada das 10.00 ata as 16.00. Momento no que a Dr.Teresa díxolles ós funcionarios que debía estar en reposo e debían deixala ir á cama.
*A Dr. Teresa  tomou unha mostra de sangue e obtivo un nivel de glucosa de 30 mg/dl.
Avisoulle de que podería entrar en COMA HIPOGLUCÉMICO.
*Di que ten todo o corpo cheo de magulladuras dunha nova paliza.
O Síndrome Hipoglucémico prodúcese cando o nivel de glucosa no sangue é inferior a 50-60 mg por 100 ml.
O coma hipoglucémico prodúcese cando o valor é tan baixo no sangue que o cerebro non obtén as calorías suficientes para as súas funcións (o cerebro só se alimenta de glucosa).
Actualmente a Noelia néganselle as visitas da súa nai e amigas, a asistencia sanitaria, así como o dereito á educación.
A Noelia un funcionario agrediulle sexualmente estando atada e drogada,  golpeáronlle en múltiples ocasións, negáronlle a medicación para a infección de oído, falseáronlle os datos da Folga de Fame, estánlle obligando a ducharse con auga fría, retiráronlle mantas e roupa de abrigo, non permitindo á súa familia e amig@s entregarlle máis.
5 anos en réxime de aillamento, 5 anos resistindo á privación sensorial, catalogada pola ONU como Tortura Branca.
Xa abonda de Dispersión, de Torturas, de Mentiras, de Aillamento.
Queremos a Noelia ceibe, coas súas amig@s e familia, queremos te-la preto e coidala.
O Estado encerra persoas e as maltrata, ¿é esta a súa reinserción?
NOE LIBERTADE, NOE COA SÚA XENTE, NOE COA SÚA FAMILIA.

Fonte e envío de faxes ó secretario xeral de institucións penitenciarias e á defensora do pobo:
http://afapp-gz.blogspot.com.es/

miércoles, 10 de octubre de 2012

Vídeo manifestación Marcha Mundial das Mulleres en Vigo


O 28 de setembro a  Marcha Mundial das Mulleres e outros movementos feministas da Galiza manifestáronse xunto a unhas 2000 persoas en Vigo para defender o dereito das mulleres a decidir e o aborto libre. A manifestación (convocada pola suma de forzas do movemento feminista da Galiza en coordenación co movemento estatal) foi o punto de partida para as accións que se desenvolven dentro da Campaña Europea que comezou o 4 de outubro de forma simultánea en máis de 10 países europeos.

Sumemos esforzos para loitar polos nosos dereitos!
Defendamos o noso dereito a decidir e o aborto libre!
Nós parimos, nós decidimos!

Manifestación 28 setembro 2012



viernes, 21 de septiembre de 2012

Concentración CUT e CNT no Ministerio de Traballo de Vigo

Concentración CUT e CNT no Ministerio de Traballo e Inmigración de Vigo.

Un centear de persoas concentráronse o mércores no Ministerio de Traballo e Inmigración de Vigo para chamar a atención sobre a realidade que estamos a padecer os traballadores e traballadoras: unha realidade de miseria e de sumisión a un sistema que nos está a explotar.

Nesta acción conxunta, feita entre a CUT e a CNT, podían lerse e escoitarse proclamas como:

"Queremos traballar e non emigrar".
"Queremos traballar e non mendigar".
"Con este sistema imos de cu".
"Así, así, nin un paso atrás, folga, folga, folga xeral".
"As mulleres cobramos un 20% menos que os homes".
"Eles mandan porque ti obedeces".

Vídeo da concentración

viernes, 14 de septiembre de 2012

Chano Rodríguez volve a Vigo con tres medallas máis


Coas tres medallas conquistadas en Londres colgadas ao pescozo e a bandeira de Vigo sobre as pernas, Chano Rodríguez aterrizou onte no aeroporto de Peinador, onde foi recibido por aredor dun centear de persoas, entre familiares, amigos e siareiros.


Moitos deles vestían camisetas brancas cun debuxo do nadador acompañado por 'Axel', un can do deportista falecido recentemente, nas que líase o texto 'Chano, my way'.

A expectación ía en aumento. O alcalde, Abel Caballero e a concelleira Carmela Silva, que chegaron no mesmo voo procedente de Madrid, pasaron desapercibidos ante a multitude, que só tiña ollos para o nadador. Cando apareceu na porta automática da terminal, o griterío fíxose ensordecedor. "Chano, Chano, Chano es c..., como Chano no hay ninguno", cantaba a afición mentras lle entregaban un ramo de frores e os fotógrafos disparaban as súas cámaras.

"Esto es increíble. Es el reconocimiento a mi trabajo y me ha acompañado durante todos estos años de lucha en el agua. Todo este barullo que se monta aquí, es el que me da fuerza en los últimos metros de las pruebas", comentou un emocioado Chano Rodríguez, que añadíu que "no podemos decir que estas medallas saben a oro, porque son de plata y bronce, pero de las que he conseguido en los cuatro Juegos a los que he ido, éstas son las de los sentimientos. Representan la emoción que hemos vivido estos años, sobre todo los dos últimos, en los que tuve que irme de Vigo para preparar la competición. Pero ahora ya estamos de vuelta".

A partires do luns, tomarase unha semá de vacacións xunto á súa familia e despois volverá ao traballo porque, pese a que os Paralímpicos de Londres remataron fai só uns días, Chano xa pensa no seu próximo reto: chegar en plena forma a Brasil en 2016, cando terá 59 anos, e intentar sumar novos triunfos ao seu xa brilante palmarés.

Chano Rodríguez quedou nunha cadeira de rodas polo maltrato recibido no cárcere cando foi acusado por pertencer ao GRAPO.

Vídeo da chegada de Chano a Peinador

domingo, 13 de mayo de 2012

Desaloxan acampada na farola de Vigo


Desaloxan acampada na farola de Vigo

Logo da manifestación de onte unhas 50 persoas acamparon simbólicamente na farola (Príncipe e Colón, Vigo) como parte de tres días de actividades referentes ao primeiro aniversario do movemento 15M, aproximadamente ás 4 da mañá a policía esixiu o desaloxo e identificou a todas as persoas.

Os indignados convocan unha manifestación para hoxe (domingo) ás 17hs para reclamar o dereito a manifestarse utilizando espazos públicos.