Un centear de persoas concentráronse o mércores no Ministerio de Traballo e Inmigración de Vigo para chamar a atención sobre a realidade que estamos a padecer os traballadores e traballadoras: unha realidade de miseria e de sumisión a un sistema que nos está a explotar.
Nesta acción conxunta, feita entre a CUT e a CNT, podían lerse e escoitarse proclamas como:
"Queremos traballar e non emigrar".
"Queremos traballar e non mendigar".
"Con este sistema imos de cu".
"Así, así, nin un paso atrás, folga, folga, folga xeral".
"As mulleres cobramos un 20% menos que os homes".
"Eles mandan porque ti obedeces".
Vídeo da concentración
No hay comentarios:
Publicar un comentario