jueves, 27 de septiembre de 2012

Manifestación solidaria en Vigo cos feridos e detidos do 25-S


O mércores 26 de setembro realizouse unha manifestación espontánea na farola de Urzáiz (Vigo), en solidariedade cos feridos e detidos o 25 S en Madrid. A manifestación tomou un impulso especial ao chegar a nova da detención do vigués Miguel Quinteiro (Maq), activista coñecido por colaborar con diversas causas sociais nesta cidade.

As testemuñas dos vigueses que estiveron en Madrid, así como o fluxo de información, grazas ás cámaras (non dos medios convencionais) deixan claras as falacias, tanto da xustificación da represión (está documentado que foi provocada por infiltrados policiais) como da irrisoria cifra de 6000 persoas asistentes á manifestación, inventada polas autoridades e repetida polos medios convencionais.

Os manifestantes autoconvocáronse tamén para hoxe xoves, ás 20 h. na farola de Urzáiz.  

No hay comentarios: