jueves, 20 de septiembre de 2012

Xornadas: 1972: "SEMENTE DE VENCER". 40 aniversario da Folga Xeral Revolucionaria de Vigo, Galiza

xornadas:  1972: "SEMENTE DE VENCER". Con motivo do 40 aniversario da Folga Xeral Revolucionaria de Vigo-Galiza.


PROGRAMA:

--Día 21 de Setembro ás 20:30hs no Instituto Santa Irene. Vigo-Galiza

Apresentación da Xornadas. Intervención do historiador e membo da Comisión “Memoria do 72”: ISIDRO ROMÁN LAGO. Intervención dalgúns dirixentes obreiros da Folga de 1

972 en Vigo.

--Día 28 de Setembro ás 20:30hs no Instituto Santa Irene - Vigo

Mesa Redonda e xornada de debate sobre a Folga Xeral
Revolucionaria de 1972 e o devir do Movimento obreiro e
sindical vigués e galego. Intervirán dirixentes obreiros históricos e estudosos deste movimento

--Día 29 de Setembro
Ás 19:30hs: Acto no C.S Bou Eva de Vigo, organizado polos companheiros deste Centro Social:

Palestra sobre a o movemento do 72 e umha especial semblanza de Abelardo Collazo Araujo, dirixente da Folga

Ás 21: 30hs: no L.S Faísca de Vigo
Cea de convivio e homenaxe ao 72

40 aniversario da Folga (ou greve) Xeral Revolucionaria de 1972. 
Información tirada do DIPTICO INFORMATIVO

1972: "Semente de Vencer!”

O nove de setembro de 1972, sábado, proxectábase no cine Tamberlick "con éxito arrollador" unha película de Terence Hill y Bud Spencer, "Le llamaban Trinidad". Ante
s de que comezará a última sesión, as 10:45 da noite, a quenda de tarde de Citröen Hispania decidía, en asemblea celebrada nas portas da factoría non entrar a traballar en protesta pola falla de acordo sobre o convenio colectivo e para apoiar a plataforma reivindicativa elaborada pola Comisión Obreira da fábrica. A reacción da empresa non se fixo agardar e inmediatamente, esa mesma tarde, despedía a nove traballadores.

Estes feitos son o inicio da máis potente mobilización obreira na comarca viguesa dende a Guerra do 36. Quince días de Folga Xeral que situaron a Vigo no epicentro da conflictividade obreira no conxunto do Estado español.

Corenta anos despois a súa repercusión historiográfica está moi lonxe da importancia cuantitativa e cualitativa dos sucesos. Máis tamén están esquecidos nas nebulosas do tempo os seus actores directos (ou cando menos algúns dos máis importantes). É a necesidade da reparación deste esquecemento un dos motivos que nos levaron a poñernos mans a obra neste proxecto que agora ben de comezar.

Dende o noso punto de vista na folga de 1972 cristalizan en Vigo todas as experiencias de loita, de debate interno, de agrupamento e segregación que o movemento obreiro vigués viña de desenvolver dende 1962. Isto é, os sucesivos episodios de mobilización e reagrupamento desembocan na gran mobilización de 1972. Culmina así culmina un proceso de mobilización intenso que se caracteriza fundamentalmente pola solidariedade de clase e por unha práctica de loita obreira e sindical de base e asemblearia (coas limitacións evidentes que impuña a represión da Dictadura Franquista).

Pero nos tamén pensamos que a importancia desta loita non é tan só unha cuestión histórica, senón que nestes momentos de gravísimos ataques á clase traballadora, na memoria daqueles sucesos están presentes cuestións totalmente actuais: a autoorganización obreira, os límites da solidariedade, a creación da consciencia de clase, a mobilización como arma de resistencia pero tamén ofensiva, o papel das cúpulas sindicais..

Hoxe que para moitos é case impensable a posibilidade dunha folga xeral exitosa de 48 horas e o momento de lembrar, analizar e aprender como hai 40 anos, baixo unha dictadura fascista, a clase obreira da nosa comarca organizou unha folga xeral de 440 horas.

No hay comentarios: