Trala xornada de traballo na horta urbana de Ourense, Amigos da Terra convídache a un segundo obradoiro práctico, desta vez na finca ecolóxica "Horta do Cadaval", en Redondela. Os labregos Jacobo Ojea e Belén Fervenza, ábrennos a súa horta para compartir os seus coñecementos e ensinarnos a cultivar os nosos propios alimentos.
Se asistiches ao II curso de horto ecolóxico, poderás poñer en práctica todo o aprendido e, se non, esta será unha oportunidade inmellorable para iniciarte na agricultura ecolóxica. Ademais, as actividades previstas capacitarannos para participar no proxecto de horta comunitaria que estamos a artellar en Vigo e que iniciaremos proximamente. Aactividade é gratuita e aberta a calquera persoa interesada. Apúntate xa!
Data e hora: sábado 1 de xuño (ás 10:00 horas)
Lugar: Reboreda, Redondela
Máis información: cooperacion@amigosdaterra.net
|
Etiquetas
15MVigo
Bouzas
Brincadeira Bouzas
Calvario
Camelias
Candela
Cangas
Comarca y alrededores
Desfeites
Notas publicadas con retraso
Poesía
Teis
Vitrasa
actividades
agenda
arte
artesanos
barrios de Vigo
cacicadas
casco vello
charlas
colectivos
comunicados
conciertos
concursos
conferencias
cultura
cursos
desinformacion
exposiciones
ferias
folgas
fotos
furanchos
galego
gastronomia
homenaje
humor grafico
locales
manifestación
memoria histórica
morrazo
museos
musica
novas
ons
pobreza
política
puerto
reportajes
republica
routeiros
rua
sucesos
talleres
tecnologia
trasporte
videos
wifi gratis
xancarajazz
Mostrando entradas con la etiqueta hortas colectivas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta hortas colectivas. Mostrar todas las entradas
lunes, 27 de mayo de 2013
Obradoiro de horta en finca ecolóxica en Redondela
jueves, 25 de octubre de 2012
Magosto na Horta do Barrio do Cura
Este sábado 27 de outubro
ás 17:00, magosto na Horta do Barrio do Cura (Berbés) Vigo. Castañas, viño, gaiterada e máis.
domingo, 14 de octubre de 2012
A horta colectiva urbana do Barrio do Cura en Vigo non ten nin un ano de historia pero a súa produtividade xa é unha realidade.
A horta colectiva urbana do Barrio do Cura en Vigo non ten nin un ano de historia pero a súa produtividade xa é unha realidade.
Desde hai aproximadamente un mes, os produtos desta horta e hortas amigas exponse en A Cova dos Ratos unha vez por semana, desta maneira quenes estean interesados poden levar a casa os produtos a prezo xusto de 1€ o quilo.
Xa que unha das razóns desta iniciativa agrícola urbana é xerar unha economía social diferenciada da economía monetarista onde o diñeiro é privado (propiedade da banca privada) e non do conxunto da sociedade. Os produtos desta horta poden ser intercambiados por diferentes moedas sociais como os Fíos (Moeda dalgúns dos centros sociais de Vigo) ou as horas do Banco de tempo 15m Vigo, o colectivo está aberto á recepción doutras moedas sociais e todo tipo de intercambio.
Por tanto todos os venres a partires das 20hs durante outubro e das 19 a partires de novembro os produtos estarán expostos en A Cova dos Ratos. Rúa Romil, 3 Vigo.
jueves, 12 de julio de 2012
As hortas colectivas urbanas
![]() |
| horta colectiva no Barrio do Cura (Vigo) |
Entre elas recuperar as relacións veciñais, sanear o medio-ambiente urbano e por que non obter alimentos, non se me ocorre neste momento ningún punto negativo que poida argumentarse para que os habitantes das cidades non as realicemos.
A Asociación Galega de Horticultura Urbana, pretende ser un nucleo de encontro entre persoas e colectivos para o intercambio de experiencias, productos e coñecementos sobre a Horticultura Urbana, así como o acercamento social entre elas, podes informarte máis no seu sitio web hortaurbana.info
Fotos da horta colectiva no Barrio do Cura (Vigo)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




