martes, 29 de marzo de 2011

Unha volta pola música e audiovisual galegos

A Asociación Trabalingua da Universidade de Vigo  presenta as "Xornadas Trabalingua : Unha volta pola música e audiovisual galegos", que terán lugar no Edificio Miralles do Campus Universitario de Vigo entre o 30 de marzo e o 7 de abril de 2011.

As xornadas poderán ser validadas por DOUS CRÉDITOS L.E. ou un CRÉDITO ECTS se asistes ao 80% da totalidade das mesmas, ou se así o prefires poderás validar por UN CRÉDITO L.E. se asistes ao 80% da metade das xornadas.

XORNADAS ENTEIRAS = 2 CREDITOS L.E. OU UN CREDITO ECTS

METADE DAS XORNADAS = 1 CREDITO L.E.

Inscríbete mandando un correo electrónico con nome, apelidos, DI, titulación, correo e teléfono ó enderezo: xornadastrabalingua@gmail.com

A asociación Trabalingua coida que é esencial para a normalización do país galego
que os seus mozos dispoñan dun espazo de consumo cultural propiamente galego, no que poidan
identificar a lingua galega como vehículo para desfrutaren da cultura da que hoxe desfrutan noutras
linguas e apta para participarmos das conversas culturais entre os pobos do mundo. Quen non se lembra das series e cancións do Xabarin club? Cal é a situación do cinema en galego? Cales son os principais grupos de música en galego na actualidade?

Dende as curtas e a animación até regueifas e os programas de radio musicais, reflexionaremos coa axuda de profesionais do sector e personalidades da música, cinema e televisión galegos sobre a situación dun dos aspectos máis importantes para a normalización dun idioma.

O noso programa é o que segue.

Ligazón ao programa completo

MÉRCORES 30 DE MARZO Mañá: (9-14h)

9:00 – 9:30 Acto de apertura

Henrique Costas, vicerreitor de Extensión Cultura e Estudantes
Iolanda Veloso, concelleira de Igualdade e Xuventude de Vigo
Anxo Tato, presidente da Asociación Trabalingua

9:30 – 12:00 A ficción televisiva en Galicia
9:30 – 10:30 Proxectar un capitulo dunha serie galega (case seguro Matalabos)
10:30 – 12:00 Ponencia:

-Pepe Coira: Produtor executivo
-Carlos Ares: Guionista
-Luis Iglesia (Carmelo Matalobos): Actor

12 – 12:15 Descanso
12:15 – 14:00 A xeración Xabarín
12:15 – 14:00 Ponencia:

Alberto Casal-Director do Xabarín Club
Pablo Novoa-Músico
Nicolas Pastoriza-Músico
Puto Coke-Músico
Woyza-Cantante

XOVES 31 DE MARZO. Mañá, 9-14
O cine en Galicia.

9:00 – 11:15 Análise da historia do cinema en Galicia, trabas na súa produción e vías de
desenvolvemento. A dependencia do sistema de subvencións. A distribución e o movemento de
obras e festivais por internet. A industria do videoclip e os novos creadores.

-Miguel Anxo Fernández (profesor da Universidade de Vigo)
-Xosé Nogueira, autor de O CINE EN GALICIA, da USC, residente en Vigo/
-Representante da organización do Festival de Cine de Ourense
-José Manuel Sande (CGAI) (no seu defecto contaríase con Xurxo González, do AGADIC,
representante de Galicia para as axudas no Ministerio de Cultura)

11:15 – 11:30 Descanso

O sector da animación
11:30 – 13:15 Proxección dun filme de animación
13:15 – 14:00 Alberto Neira: Representante de Bren Enterteinment.

XOVES 31 DE MARZO. Tarde 16-20
As curtametraxes como pequeno formato para as novas xeracións.

16:00 – 17:00 Proxección de curtas

-Mamasunción
-Cousas de Kulechov (Susana Rei)
-Minitauromaquia (Juan Pablo Etcheverry)

17 – 17:30 Proxección da curta O morgado tivo un prezo (Pedro Díaz e Pepe Mansilla).
17:30 – 18:00 Presentación por parte de Pedro Díaz e Pepe Mansilla da súa curtametraxe.

18:00 – 19:30 Proxección dunha longametraxe: Hotel Tívoli
19:30 – 20:15 Presentación da longametraxe

-Director
-Un ou dous actores
-Guionista

SEMANA 2ª MÚSICA
MÉRCORES 6 DE ABRIL. Mañá 9-14

9:00 – 9:50 Analizar o momento actual da música galega, difusión da oferta musical para a mocidade
que existe na actualidade.

-Vituco (Ruxe Ruxe) de Planeta Furancho (Radio Galega).

9:50 –10:50 Os artistas contan a súa experiencia á hora de gravar as súas cancións, ensaiar, sacar a súa música a rúa. O estado do musical dende a perspectiva do artista.

-Uxia Senlle e Natxo Kogito

10:50 – 11:30 Os festivais como axentes dinamizadores da música galega

-Alfonso Blanco: organizador do festival de Pardiñas (Guitiriz)

11:30 – 11:45 Descanso
12:00 – 14:00 Reflexionar sobre porque a oferta actual musical para a mocidade non é suficientemente
visíbel, forte e estábel. Os axentes que están un chanzo por riba do artista: os promotores e
produtores musicais.

-Representante de Lixo Urbano
-Komunikando.net (Denís Mutante)
-Discográfica

MÉRCORES 6 DE ABRIL. TARDE

16:00 - 17:30 Obradoiro de regueifa
Obradoiro de regueifa con dous regueifeiros da asociación Oral e con Aíd (Aida Alonso Iglesias,
estudante da Uvigo, e popular rapeira de Valladares).
17:40 – 19:00 Concerto.
Concerto de Guadi Galego e Guillermo Fernández


XOVES 7 DE ABRIL. Mañá (9-14)
Conclusión e peche das Xornadas.

9:00 – 11.45 Conclusións audiovisual, feche, debate

-Antón Reixa: produtor e editor
-Xosé Manuel Olveira (Pico): presidente ADG
-Martín Pawley (crítico de cine)

11:45 – 12:15 Descanso
12:15 – 14:00 Conclusións música, feche, debate

-Xurxo Souto
-40 principales
-Un representante da administración pública
-Carlos Valcárcel (Projecto Mourente) ou outro músico/cantante.


***NOTA: O programa non é definitivo e pode sufrir modificacións.

http://trabalingua.blogaliza.org/xornadas

lunes, 28 de marzo de 2011

Festa da Reconquista de Bouzas

Festa da Reconquista de Bouzas.

Alá polo século XIX, Bouzas era unha pequena vila de pescadores, veciño de Vigo. No ano 1904, intégrase no Concello de Vigo, polo que leva máis de 100 anos formando parte da cidade máis poboada de Galicia.
E por sorte, o que hai tantos anos era un pequeno pobo mariñeiro, mantén a súa configuración case sen cambios. Podemos pasear polas súas rúas estreitas, entre as súas casas de dúas ou tres plantas, construídas en granito, como os lastros do chan ou as pedras das beirarrúas.

Os días 3 e 4 de Abril celebrarase a festa da reconquista de Bouzas, "A brincadeira". Un día no que as rúas de Bouzas convértense nun mercado medieval e soan as gaitas e as pandereitas entre outros instrumentos musicais. Hai cheas de postos de artesanía e comida caseira, licores e moito máis, algunha xente vístese de época.

Algúns datos foron extraídos de: http://artesaniabambueinciensos.blogspot.com/2011/03/dia-3-de-abril-en-bouzas-vigo.html

domingo, 27 de marzo de 2011

Codia e Miolo na festa de reconquista de Vigo

A persistente choiva impediume realizar a reportaxe documental que tiña pensado sobre a Reconquista de Vigo, verdadeiramente o mal tempo non impediu aos Vigueses gozar da súa festa, pero os meus equipos non son sumerxibels así que será o ano que vén.

Pero Tiven a agradable sorpresa de encortar en plena faena á compañía de teatro Codia e Miolo formada por Se e Xurxo e xusto antes de que volva a choiva puidemos terminar unha pequena reportaxe.

sábado, 26 de marzo de 2011

(Vídeo)Concentración contra a agresión imperialista


VIGO 25/3/11
CONCENTRACION CONTRA A AGRESION IMPERIALISTA AO POBO DE LIBIA
Convoca
Aemblea Aberta Contra a Agresión Imperialistaa
www.asembleaabertavigo.piesnegros.org

Abaixo co tirano francés! Viva o povo de Vigo!

Comunicado


Abaixo co tirano francés! Viva o povo de Vigo!

Entremos na Panificadora vai participar na Festa da Reconquista.
Sabado 26 e Domingo 27, entre as 10 e as 20 horas, Entremos na Panificadora terá un posto informativo-participativo na rúa Teófilo Llorente (xusto antes da Pedra). Achegate, e charla e come un pedazo de empanada con nós.

Nota: os informes meteorolóxicos avisan de choivas abundantes na tarde do Sábado, así que é probable que teñamos que recoller o posto.

miércoles, 23 de marzo de 2011

CONCENTRACION CONTRA A AGRESION IMPERIALISTA AO POBO DE LIBIA

CONTRA A AGRESION IMPERIALISTA AO POBO DE LIBIA
CONCENTRACION, venres 25 ás 8 da tarde, diante do MARCO
Non máis sangue por petróleo!
Convoca: Asemblea Aberta Contra a Guerra Imperialista
NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA
Os senhores da guerra decretaron outra agresión armada ao servizo da súa orde imperial, do grande capital, dos intereses EUA e dos seus aliados da OTAN.
Fano co “aval” do antidemocrático e mal chamado “Consello de Seguridade” das Nacións Unidas, co que pretenden demostrar a “legalidade” e “lexitimidade” dos ataques, e co apoio dos seus medios de manipulación masiva e xustifícano cos pretextos hipócritas das súas políticas de duplo raseiro, mais ben chamadas «intervencións humanitarias», como fixeron sempre.
Outra vez, como aconteceu antes no Iraque, en Iugoslavia ou no Afganistán, o verdadeiro móbil desta sinistra intervención imperialista é o control dos imensos recursos da zona, isto é, o petróleo, o gas e outras materias primas, e o dominio militar e político por vía da violencia extrema, ao servizo das oligarquias explotadoras que levan o mundo ao desastre. Umha nova volta de rosca contra a soberanía dos povos, de todos, contra os direitos nacionais, sociais e laborais das clases populares e trabalhadoras.
É sintomático ver como ao tempo que agreden Libia, conspiran contra os movimentos de emancipación popular e de liberación nacional en Túnez e Exipto que se ergueron recentemente contra as súas tiranías e castas corruptas; como afortalan o criminal Estado sionista Israelita contra o povo Palestino; como abandonan á súa sorte ao Povo Saharauí masacrado pola tiranía da monarquía marroquí de Mohamed VI, e ao mesmo povo de Marrocos en loita, como apoian a ditadura do rei feudal de Arabia Saudita ou a de Barheim contra os povos indignados con toda razón pola inxustiza capitalista que padecen e pola ausencia de liberdades ás que tenhen direito.
NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA
Os senhores da guerra decretaron outra agresión armada ao servizo da súa orde imperial, do grande capital, dos intereses EUA e dos seus aliados da OTAN.
Fano co “aval” do antidemocrático e mal chamado “Consello de Seguridade” das Nacións Unidas, co que pretenden demostrar a “legalidade” e “lexitimidade” dos ataques, e co apoio dos seus medios de manipulación masiva e xustifícano cos pretextos hipócritas das súas políticas de duplo raseiro, mais ben chamadas «intervencións humanitarias», como fixeron sempre.
Outra vez, como aconteceu antes no Iraque, en Iugoslavia ou no Afganistán, o verdadeiro móbil desta sinistra intervención imperialista é o control dos imensos recursos da zona, isto é, o petróleo, o gas e outras materias primas, e o dominio militar e político por vía da violencia extrema, ao servizo das oligarquias explotadoras que levan o mundo ao desastre. Umha nova volta de rosca contra a soberanía dos povos, de todos, contra os direitos nacionais, sociais e laborais das clases populares e trabalhadoras.
É sintomático ver como ao tempo que agreden Libia, conspiran contra os movimentos de emancipación popular e de liberación nacional en Túnez e Exipto que se ergueron recentemente contra as súas tiranías e castas corruptas; como afortalan o criminal Estado sionista Israelita contra o povo Palestino; como abandonan á súa sorte ao Povo Saharauí masacrado pola tiranía da monarquía marroquí de Mohamed VI, e ao mesmo povo de Marrocos en loita, como apoian a ditadura do rei feudal de Arabia Saudita ou a de Barheim contra os povos indignados con toda razón pola inxustiza capitalista que padecen e pola ausencia de liberdades ás que tenhen direito.
É por iso que, nesta declaración de urxencia, reafirmamos a nosa solidariedade co povo líbio, primeira vítima desta enésima agresión, e manifestamos:
- Que condenamos esta intervención imperialista, esixindo o fin inmediato desta agresión criminal e o respecto pola independencia e soberanía deste país, e que condenamos igualmente a escravitude capitalista que queren impór en calisquera parte do mundo, que se manifesta con especial crueza agora mesmo en Libia, Bahreim, etc., vítimas da acción monstruosa do imperialismo.
- Que expresamos a nosa chamada de atención e a nosa alerta polas repercusións e plans que esta nova intervención imperialista pode ter sobre o futuro inmediato doutros povos do mediterráneo, no Próximo e no Medio Oriente, etc.
- Que repudiamos a cumpricidade criminal e a co-responsabilidade lacaia asumida polo Goberno Espanhol e os grandes partidos do réxime (PSOE, PP, etc) así como a participación do Reino de Espanha neste acto de agresión, solidarizándonos co povo Libio que mais umha vez ten que loitar pola súa sobrevivencia e soberanía, hoxe ameazadas polos inimigos da humanidade.
-Que apelamos a todos os colectivos, organizacións, persoas e forzas amantes da Paz e da Xustiza ás concentracións e accións de repudio contra as agresións imperialistas ao povo de Libia que se convoquen mentres se manteña a criminal acción dos USA e os seus aliados da OTAN, e de modo inmediato a concentración do día 25, venres, ás 8 da tarde, en Vigo, diante do MARCO.
Asemblea Aberta Contra a Agresión Imperialista
É por iso que, nesta declaración de urxencia, reafirmamos a nosa solidariedade co povo líbio, primeira vítima desta enésima agresión, e manifestamos:
- Que condenamos esta intervención imperialista, esixindo o fin inmediato desta agresión criminal e o respecto pola independencia e soberanía deste país, e que condenamos igualmente a escravitude capitalista que queren impór en calisquera parte do mundo, que se manifesta con especial crueza agora mesmo en Libia, Bahreim, etc., vítimas da acción monstruosa do imperialismo.
- Que expresamos a nosa chamada de atención e a nosa alerta polas repercusións e plans que esta nova intervención imperialista pode ter sobre o futuro inmediato doutros povos do mediterráneo, no Próximo e no Medio Oriente, etc.
- Que repudiamos a cumpricidade criminal e a co-responsabilidade lacaia asumida polo Goberno Espanhol e os grandes partidos do réxime (PSOE, PP, etc) así como a participación do Reino de Espanha neste acto de agresión, solidarizándonos co povo Libio que mais umha vez ten que loitar pola súa sobrevivencia e soberanía, hoxe ameazadas polos inimigos da humanidade.
-Que apelamos a todos os colectivos, organizacións, persoas e forzas amantes da Paz e da Xustiza ás concentracións e accións de repudio contra as agresións imperialistas ao povo de Libia que se convoquen mentres se manteña a criminal acción dos USA e os seus aliados da OTAN, e de modo inmediato a concentración do día 25, venres, ás 8 da tarde, en Vigo, diante do MARCO.

martes, 22 de marzo de 2011

Verdegaia-Vigo: acto de rúa co gallo do Día Forestal

Verdegaia-Vigo organizará un acto de rúa co gallo do Día Forestal Mundial o luns 21-3-11 ás 19 h. na Praza de América. Esta actividade pretende xerar o debate necesario na cidade olívica no tocante ásnumerosas e dañinas talas de árbores levadas a cabo nas obras de humanización das rúas de Vigo. No acto levarase a cabo unha representación teatral dunha das moitas "humanizacións viguesas"amenizada por un grupo de percusión e danza africana.

Aproveitamos tamén esta actividade de cara aportar elementos para odebate sobre as políticas forestais en xeral facendo referencia ó documento "Unha visión común sobre o problema das plantacións de
eucalipto" que vén de asinar e presentar Verdegaia xunto con outros 20grupos ecoloxistas ibéricos coincidindo tamén co Día Forestal Mundial eó que se pode acceder e descargar no seguinte enlace:

http://www.verdegaia.org/content/view/1241/1/ [1]

No tocante ós problemas que xeran as humanizacións na rúas de Vigo, a postura de Verdegaia Vigo divulgouse ante a cidadanía dende fai xa varios anos.

http://www.verdegaia.org/content/view/1245/1/ 

"Vale mais unha Terra con árbores nos montes que un Estado con ouro nosBancos." Alfonso R. Castelao. "Sempre en Galiza"

"Unha sociedade defínese non só polo que crea senón tamén polo quedecide non destruír." Edward Osborne Wilson. Entomólogo e biólogo estadounidense.

"Cando a derradeira árbore sexa cortada, o derradeiro río sexa envelenado e o derradeiro peixe sexa apresado, entón descubriredes que o diñeiro non se pode comer." Proverbio Amerindio.

Verdegaia Vigo

lunes, 21 de marzo de 2011

O PCPG di NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO

Esta é a primeiro convocatoria a os vigueses que recibimos ou coñecemos en TodoVigo, boa oportunidade para lembrar aos nosos lectores que este blog está a disposición de todas as institucións de Vigo para difundir o que crean conveniente.

Comunicado: 

NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA O POVO LIBIO E A SÚA SOBERANÍA
Os senhores da guerra decretaron outra agresión armada ao servizo da súa orde imperial, do grande capital, dos intereses EUA e dos seus aliados da OTAN.

Fano co “aval” do antidemocrático e mal chamado “Consello de Seguridade” das Nacións Unidas e co apoio dos seus medios de manipulación masiva e xustifícano con pretextos hipócritas as súas políticas de duplo raseiro, mais ben chamadas «intervención humanitarias», como fixeron sempre.

Outra vez, como aconteceu antes no Iraque, en Iugoslavia ou no Afganistán, o verdadeiro móbil desta siniestra intervención imperialista é o control dos imensos recursos da zona e o dominio militar e político por via da violencia extrema ao servizo das oligarquias explotadoras que levan o mundo ao desastre. Umha nova volta de rosca contra a soberanía dos povos, de todos, contra os direitos nacionais, sociais e laborais das súas clases populares e trabalhadoras.

É sintomático ver como ao tempo que agreden Libia, conspiran contra os movimentos de emancipación popular e de liberación nacional en Túnez e Exipto que se ergueron recentemente contra as súas tiranías e castas corruptas; como afortalan o criminal Estado sionista Israelita contra o povo Palestino; como abandonan á súa sorte ao Povo Saharauí masacrado pola tiranía da monarquía marroquí de Mohamed VI e como apoian a ditadura do rei feudal feudal de Arabia Saudita ou a de Barheim contra os povos que se erguen indignados con toda razón contra a inxustiza capitalista e pola liberdade á que tenhen direito.

É por iso que, nesta declaración de urxencia, reafirmamos a nosa solidariedade co povo líbio, primeira vítima desta enésima agresión, e manifestamos:

- Que condenamos esta intervención imperialista, esixindo o fin inmediato desta agresión criminal e o respecto pola independencia e soberanía deste país e que condenamos igualmente a escravitude capitalista que queren impór en calisquera parte do mundo, que se manifesta con especial crueza agora especialmente en Libia, Bahreim..etc, vítimas da agresión monstruosa do imperialismo.

- Que expresamos a nosa chamada de atención e a nosa alerta polas repercusións e plans que esta nova intervención imperialista pode ter sobre o futuro inmediato doutros povos do mediterráneo, no Próximo e no Medio Oriente, etc.

- Que repudiamos a cumpricidade criminal e a co-responsabilidade lacaia asumida polo Goberno Espanhol e os grandes partidos do réxime (PSOE, PP, etc) nesta agresión así como a participación do Reino de Espanha neste acto de agresión, solidarizándonos co povo Libio, que mais umha vez ten que loitar pola súa sobrivencia e soberanía, hoxe ameazadas polos inimigos da humanidade.

-Que apelamos e convocamos a todos os colectivos, organizacións, persoas e forzas amantes da Paz e da Xustiza ás concentracións e accións de repudio polas agresións imperialistas ao povo de Libia e pola exixencia da paz que se fagan nas próximas horas e especialmente no dia de manhá LUNS DIA 21 (2ª feira) en todos os lugares de costume das vilas e cidades de Galiza ás 20 hs.

Partido Comunista do Povo Galego
20 de Marzo de 2011

domingo, 20 de marzo de 2011

Homenaxe aos que resistiron nas barricadas

Fiestra á liberdade
A ASOCIACIÓN VIGUESA pola MEMORIA HISTÓRICA do 36 convocou o pasado domingo fronte ao mercado do Calvario un acto de Homenaxe aos homes e mulleres que resistiron nas barricadas o asalto militar contra o lexitimo goberno republicano.


No acto inaugurouse unha escultura (Fiestra á liberdade ) e unha placa indicativa do acontecido no lugar.

Falaron o concelleiro de Cultura, un membro da Asociación e Santi Domínguez o Tenente de Alcalde da nosa cidade.

Extracto das palabras de Santiago Domínguez.

Detalle da escultura
“Un exercicio necesario que e que se demorou quizais demasiado no tempo... coa idea seguramente equivocada de non abrir feridas cometeuse unha certa inxustiza cos familiares... dos replesaliados por Franco deixando para máis adiante a xusta reparación que merecían e que hoxe sen dúbida queremos darlles... son dos que pensan que este tipo de actos e homenaxes deberían ser apoiados por todas as institucións e por todos os partidos políticos posto que un réxime como o de Franco debería ser sen ningún tipo de diferenzas unanimemente condenados, pero cumpre dicir que desgraciadamente non é así, neste punto non quero dicir nada máis.”


O tenente de alcalde finalizou o seu discurso prometendo que se o BNG gañase as eleccións:  “a cruz do castro non permanecerá máis”


Para ver máis fotos pulse aquí 


jueves, 17 de marzo de 2011

Homenaxe no Calvario aos homes e mulleres que resistiron nas barricadas o asalto militar contra a República

Comunicado

A ASOCIACIÓN VIGUESA pola MEMORIA HISTÓRICA do 36 Viguesa Distinguida 2007. Convida ao acto de    “LUGAR DE MEMORIA” que se celebrará no Calvario (R/Urzaiz, frente ao mercado) o día sábado 19 de marzo, ás 12:00 horas

Homenaxe aos homes e mulleres que resistiron nas barricadas o asalto militar contra a República. No acto inaugurase unha escultura e unha placa indicativa do acontecido no lugar os primeiros días do levantamento. Neste acto institucional falarán: o concelleiro de Cultura,  un membro da Asociación e o  Tenente de Alcalde da nosa cidade.  

Agradecemos a sensibilidade destas concellerías que atenden as peticións memorialistas, costean o monumento e son un exemplo a seguir no concello de Vigo.

A Directiva, Vigo,  Marzo 2011

martes, 8 de marzo de 2011

TodoVigo e algunhas cuestións materiais

É entristecedor presenciar un evento e logo velo ou lelo nos grandes medios de comunicación, polo xeral a distorsión é tal que parece que os xornalistas ou redactores viven nunha realidade paralela ou nin sequera estaban presentes onde e cando ocorreron os feitos que relatan, copiar e pegar das redes sociais é a principal practica dos redactores nos actuais de medios de comunicación, sen buscar fontes directas, sen comprobar a infamación se facerse e facer preguntas, a única finalidade que perseguen é encher espazos, e que non se lles ocorra perder tempo en investigación e produción xornalística por que perderán o seu traballo.

Da necesidade de contar con outro tipo de prensa e do gusto e vocación pola produción audiovisual nace TodoVigo, pero isto non pode facerse en intres libres, require moitas horas de traballo e moitos recursos, se estás de acordo no que digo, se non queres que Todovigo desapareza, se queres que TodoVigo profunde o seu traballo, falemos de cuestións materiais, son necesarios recursos materiais e tempo de traballo, isto custa diñeiro.

Neste momento para poder continuar co traballo fanse imprescindible pedir doazóns aos lectores mediante esta conta en PayPal:



e se queres un espazo publicitario contacta.

Sen máis agradezo a vosa atención.

J.S.Ruetter

miércoles, 2 de marzo de 2011

Carta ao Alcalde de Vigo. Abel Caballero da Asociación Viguesa pola Memoria

Carta aberta ao Alcalde de Vigo , Sr. Abel Caballero.

Sr. Caballero, é un bo costume social que, sempre que unha persoa diríxese á outra
con boas maneiras, educación e respeto, a segunda conteste pola súa banda coa
mesma educación. É un principio básico nunha convivencia social civilizada.

Un home con cargo público coma vostede, debería cumplir estas normas básicas e
trasladar á política o que na vida civil é simplemente educación.

A Asociación Viguesa pola Memoria pola Memoria Histórica 36, dirixiuse a vostede
para que, en aplicación da Lei de Memoria Histórica, fose retirada a cruz franquista
do Castro. Dirixiuse a vostede con todos os respetos, seguindo todas as canles legais
e civilizadas marcadas polo noso ordenamento xurídico.

Presentamos escritos no Rexistro do Concello, un deles avalado pola firma de máis
de 4.000 cidadáns. Sabe vostede desta reclamación por nós e tamén polos medios de
comunicación. Pero a día de hoxe, seguimos sen contestación despois de dous anos.
Contestación que merecemos recibir, aínda que só fora por educación, de parte do
noso alcalde.

Vostede ignora e menosprecia a unha Asociación recoñecida polo Concello de Vigo
como “Viguesa Distinguida” no ano 2007, unha distinción máis que respetable
no ámbito da nosa cidade, e que nós recibimos cunha enorme alegría. Solicitamos
durante estes dous anos manter unha reunión con vostede. Nin se dignou contestar.

Cando un Alcalde despreza desta maneira a unha asociación cidadán, como é a
Asociación Viguesa pola Memoria do 36, negándolle a palabra, o que fai é negar
a esencia da democracia. Sr Alcalde, Vigo non é o seu “CASAL” A vostede
nomearono alcalde un grupo de concelleiros /as de dous partidos, os cidadáns non
eleximos alcaldes Para estar ao servizo do pobo que os elixiu, non para que vostede
intente utilizalos coma servos ao seu servizo Esa época, Sr Caballero rematou no
1978, aínda que as suas obras nos recordan de maneira alarmante a personaxes do
noso pasado, e tamén a outros que, aínda que elexidos polo pobo, esquecen as leis
cando así lles convén, ou simplemente por motivos arbitrarios.

Tamén é preocupante que os/as representantes elixidos polo pobo que o situaron a
vostede na alcaldía son tan responsables como vostede mesmo por consentir a aldraxe
que comete coa Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36. A uns e a outros
pedímoslles un comportamento democrático.

En fin: ¿cándo pensa vostede cumplir coa Lei da Memoria Histórica e retirar a cruz
do Castro? ¿Cal é realmente a súa opinión? ¿Seica non lle gusta a lei? ¿Será que non
se sinte obligado a respetala? ¿Cómo pode ser que non se sinta obligado a falar cos
cidadáns que solicitan unha resposta por parte do seu alcalde?

Despois de tantos anos, pensamos que como cidadáns –e non súbditos- vostede ten a
obriga moral e legal de darnos unha resposta.

Facemos un chamamento aos membros da Corporación para que rematen coa
situación aldraxante que estamos a vivir

Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36.
Viguesa Distinguida 2007
Marzo de 2011.