|
Fiestra á liberdade |
A ASOCIACIÓN VIGUESA pola MEMORIA HISTÓRICA do 36 convocou o pasado domingo fronte ao mercado do Calvario un acto de Homenaxe aos homes e mulleres que resistiron nas barricadas o asalto militar contra o lexitimo goberno republicano.
No acto inaugurouse unha escultura (Fiestra á liberdade ) e unha placa indicativa do acontecido no lugar.
Falaron o concelleiro de Cultura, un membro da Asociación e Santi Domínguez o Tenente de Alcalde da nosa cidade.
Extracto das palabras de Santiago Domínguez.
|
Detalle da escultura |
“Un exercicio necesario que e que se demorou quizais demasiado no tempo... coa idea seguramente equivocada de non abrir feridas cometeuse unha certa inxustiza cos familiares... dos replesaliados por Franco deixando para máis adiante a xusta reparación que merecían e que hoxe sen dúbida queremos darlles... son dos que pensan que este tipo de actos e homenaxes deberían ser apoiados por todas as institucións e por todos os partidos políticos posto que un réxime como o de Franco debería ser sen ningún tipo de diferenzas unanimemente condenados, pero cumpre dicir que desgraciadamente non é así, neste punto non quero dicir nada máis.”
O tenente de alcalde finalizou o seu discurso prometendo que se o BNG gañase as eleccións:
“a cruz do castro non permanecerá máis”
Para ver máis fotos pulse aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario