martes, 22 de marzo de 2011

Verdegaia-Vigo: acto de rúa co gallo do Día Forestal

Verdegaia-Vigo organizará un acto de rúa co gallo do Día Forestal Mundial o luns 21-3-11 ás 19 h. na Praza de América. Esta actividade pretende xerar o debate necesario na cidade olívica no tocante ásnumerosas e dañinas talas de árbores levadas a cabo nas obras de humanización das rúas de Vigo. No acto levarase a cabo unha representación teatral dunha das moitas "humanizacións viguesas"amenizada por un grupo de percusión e danza africana.

Aproveitamos tamén esta actividade de cara aportar elementos para odebate sobre as políticas forestais en xeral facendo referencia ó documento "Unha visión común sobre o problema das plantacións de
eucalipto" que vén de asinar e presentar Verdegaia xunto con outros 20grupos ecoloxistas ibéricos coincidindo tamén co Día Forestal Mundial eó que se pode acceder e descargar no seguinte enlace:

http://www.verdegaia.org/content/view/1241/1/ [1]

No tocante ós problemas que xeran as humanizacións na rúas de Vigo, a postura de Verdegaia Vigo divulgouse ante a cidadanía dende fai xa varios anos.

http://www.verdegaia.org/content/view/1245/1/ 

"Vale mais unha Terra con árbores nos montes que un Estado con ouro nosBancos." Alfonso R. Castelao. "Sempre en Galiza"

"Unha sociedade defínese non só polo que crea senón tamén polo quedecide non destruír." Edward Osborne Wilson. Entomólogo e biólogo estadounidense.

"Cando a derradeira árbore sexa cortada, o derradeiro río sexa envelenado e o derradeiro peixe sexa apresado, entón descubriredes que o diñeiro non se pode comer." Proverbio Amerindio.

Verdegaia Vigo

No hay comentarios: