miércoles, 5 de septiembre de 2012

Concentración traballadores INSS Vigo

Concentración traballadores INSS (Instituto Nacional de la Seguridad Social) Vigo.             

A concentración realizouse todos os xoves de xullo e agosto, na rotonda do Alcampo (Coia), en sinal de protesta polos abusivos recortes salariais e laborais que o goberno está a impór aos funcionarios e empregados públicos.
Neste sentido, apuntan que os recortes non só afectan aos traballadores, senón que unido á disminución nos presupostos para a prestación dos servizos públicos e a unha brutal campaña de desprestixio de todo o público, están a supoñer unha merma importante na calidade da atención aos cidadáns e un primeiro paso para a privatización en beneficio das grandes corporacións e empresas.
Por elo, os traballadores públicos piden a restitución de todos os dereitos laborais e un xiro nas solucións políticas e económicas do goberno, de tal forma que deixe de gobernar para os intereses de bancos, corporacións e dos mercados, ao tempo que esixen unha política feita para os cidadáns, en defensa e mellora do estado do benestar.
























No hay comentarios: