jueves, 27 de septiembre de 2012

Manifestación Marcha Mundial das Mulleres en Vigo

Este 28 de Setembro a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres quere facer un chamamento a participar da manifestación que terá lugar en Vigo ás 20.00 h. e que percorrerá a cidade dende a praza da Farola de Urzáiz ao Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. Manifestación convocada pola suma de forzas do movemento feminista da Galiza en coordenación co movemento estatal.

A Marcha Mundial ven realizando durante os meses de agosto e setembro convocatorias de concentracións todos os martes ás 20.30 h. como parte dunha campaña de resposta na rúa ás ameazas do goberno do Partido Popular que quere modificar a actual lei do aborto para retroceder nos dereitos das mulleres. Dende a Marcha chamamos a participar nesta manifestación do 28 de setembro como punto de chegada desta campaña de resposta na rúa e punto de partida para as accións que desenvolveremos dentro da Campaña Europea que comezará o 4 de Outubro de forma simultánea en máis de 10 países europeos.


Sumemos esforzos para loitar polos nosos dereitos, este 28 de setembro o feminismo na Galiza liderando a loita polos dereitos das mulleres no noso país convoca a todas aquelas mulleres que no estado español, e no mundo, sairán ás rúas para defender o noso #dereitoadecidir e o #abortolibre.

 Venres 28 de setembro
Vigo, dende a Farola de Urzáiz
20.00 h
Manifestación!!

No hay comentarios: