viernes, 17 de abril de 2009

Concuros de curtas da prehistoria


TEMÁTICA:
A prehistoria (Documental, ficción, animación, humor, etc)
DURACIÖN:
As curtas terán unha duración máxima de 10 minutos.
SOPORTE:
Dvd, cos arquivos de vídeo en formato Dvd.
ENTREGA:
Entregarase un sobre pechado que conteña unha copia da obra en formato Dvd, con caixa carátula. Neste sobre indicarase o seguinte:
II Concurso de Curtas da Prehistoria. Título da obra e autor. Conxuntamente entregarase unha cipia do DNI do autor ou representante da obra. O lugar da entrega será a sede da Conselleria de Cultura do Concello de Mos. Poderá efectuarse en man ou por correo, no enderezo:
Concello de Mos Rúa Reguengo, s/n 36414. Petelos. Mos.
PRAZO DE ENTREGA:
Ata o venres 3 Xullo 2009.

PREMIOS:
O día 11 de xullo, ás sete da tarde, proexectaranse as curtas presentadas no Pazo de Mos. Un xurado, formado por persoas cunha recoñecida traxectoria no campo do audiovisual, fará a selección das curtas finalistas, que serán incluídas nun DVD promocional e proxectadas parque da Penacova, en Mos, o 7 e o 8 de agosto de 2009, durante a VII Festa da Prehistoria. O xurado seleccionará as tres mellores propostas, que recibiran os seguintes premios:
1º Premio 300 €
2º Premio 200 €
3º Premio 100€
A entrega dos premios realizarase o sábado 8 de agosto, día grande da Festa da Prehistoria.

organiza: Asociación cultural Festa da Prehistoria.
máis info en:

http://festadahistoria.blogspot.com
http://moskeocolectivo.blogspot.com


No hay comentarios: