lunes, 9 de abril de 2012

Charla en Vigo: "Industria militar, un negocio sen crise"

Dende o Espazo volven a promover outro ano máis a campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares, que este ano centran na industria militar: "Pola mesma razón que a industria do turismo necesita turistas, a industria armamentística precisa das guerras, dos conflitos e das amenzas á seguridade para colocar os seus produtos; necesita violencia, medo e mortos" 

Deste xeito o venres 13 de abril o Espazo convida a que asistades á charla-presentación que leva por título: "Industria militar, un negocio sen crise". Contarase coa presenza de Jordi Calvo, membro do "Centre d'Estudis per a la Pau JM Delás de Justicia i Pau" que presentará o último informe "La banca armada. Inversiones explosivas de bancos y cajas" ademais de que falará do negocio da guerra no estado español.


Ademais o acto servirá para presentar a campaña 2012 pola OF aos Gastos Militares que lanzan dende o Espazo Aberto Antimilitar.
O acto será o venres 13 abril ás 20h00 na Cova dos Ratos (Romil 3 baixo - Vigo)

http://nonaogastomilitar.org/sites/nonaogastomilitar.org/files/cartaz_espazo.pdf

No hay comentarios: