domingo, 22 de abril de 2012

Festa da sementeira do millo no muíño de Regueira, Matamá, Vigo


Os próximos 28 e 29 de abril en Matamá, Vigo realizarase a primeira  Festa da sementeira do millo.

A festa é iniciativa do colectivo malaherba e realizarase no muíño de Regueira rehabilitado  por veciños desta localidade.

Poderase ver traballar a unha parella de bois como outrora no campo galego, os organizadores desprazáronse a Ponteareas para buscar estes dous exemplares xa que están practicamete desaparecidos ao abandonarse o seu uso.

O sábado ás 16hs terá lugar a segunda edición das Olimpíadas do Campo, os organizadores repetirán as probas de lanzamento de aixada e de boina, así como serrar un tronco en parellas e a carreira de carretillas. Segundo os organizadores son probas que se organizan con humor utilizando útiles populares.

Tamén haberá Música folk, xantar popular, unha exposición etnográfica e actividades para os nenos.

No hay comentarios: