Etiquetas
15MVigo
actividades
agenda
arte
artesanos
barrios de Vigo
Bouzas
Brincadeira Bouzas
cacicadas
Calvario
Camelias
Candela
Cangas
casco vello
charlas
colectivos
Comarca y alrededores
comunicados
conciertos
concursos
conferencias
cultura
cursos
Desfeites
desinformacion
exposiciones
ferias
folgas
fotos
furanchos
galego
gastronomia
homenaje
humor grafico
locales
manifestación
memoria histórica
morrazo
museos
musica
Notas publicadas con retraso
novas
ons
pobreza
Poesía
política
puerto
reportajes
republica
routeiros
rua
sucesos
talleres
tecnologia
Teis
trasporte
videos
Vitrasa
wifi gratis
xancarajazz
miércoles, 18 de abril de 2012
EU considera que o silencio do Concello faino cómplice nun problema de máxima gravedade para a convivencia nun dos barrios máis populosos de Vigo
Comunicado:
ESQUERDA UNIDA DE VIGO CONSIDERA INDISPENSABLE QUE
ANTES DE CONSIGNAR RECURSOS ECONÓMICOS OU ASINAR
CONVENIOS COA AAVV DE LAVADORES O CONCELLO ESIXA O
CUMPRIMENTO ESTATUTARIO NA MESMA.
Para ESQUERDA UNIDA os conflictos sen solventar na asociación de veciños, as
expulsións arbitrarias de veciños que promoven dentro do marco estatutario unha
asemblea extraordinaria e mesmo a dudosa legalidade da asemblea do 10 de xuño
pasado ou a negativa a realizar unha asemblea xeral extraordinaria, son argumentos
suficientes para poñer “en reserva” calquera convenio coa actual directiva. Pide ao
concelleiro de participación cidadá que inste ao cumprimento estatutario na AAVV e
interveña para a solución do conflicto no barrio.
Esquerda Unida considera inaprazable a realización da devandita Asemblea polo futuro dunha
sociedade con máis de 35 anos de existencia, exemplar no traballo da defensa do barrio e dos
intereses dos veciños e das veciñas.
Son reiteradas as peticións que membros da AAVV, entre eles os cinco presidentes
anteriores, teñen feito ao Concello de Vigo que simplemente limitouse a dar palabras no Pleno
do Pasado mes de xaneiro sen realizar un análise do cumprimento estatutario polo que EU,
ante a aprobación dos próximos orzamentos do Concello, pide a suspensión cautelar de
calquera convenio ou axuda mentres non se aclaren públicamente as contas da AAVV, se
celebre unha asemblea xeral extraordinaria e se devolva o dereito de pertenza á AAVV aos
veciños e veciñas expulsados e expulsadas.
EU considera que o silencio do Concello faino cómplice nun problema de máxima gravedade
para a convivencia nun dos barrios máis populosos de Vigo.
SECRETARIA DE COMUNICACIÓN DE EU VIGO
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario