domingo, 8 de abril de 2012

Concurso de graffiti “Castroconcertos”

O concurso está convocado por Súbete ó Castro. Tes a posibilidade de deseñar un bosquexo para o escenario do Castro para a vindeira edición dos Castroconcertos do ano 2012.

Se a túa proposta é a seleccionada poderás pintala con graffiti, o concello poñe o material

Inscripción: A partir do luns 2 de Abril a través da web de xuventude: www.xuventudevigo.org ou no Súbete ó Castro.

Bases do Concurso de graffiti “Castroconcertos”


PRIMEIRA.- Poderán participar individualmente ou en grupo (máximo 3 persoas) tod@s
@s xóvenes entre 13 e 35 años. No caso dos menores de idade, terán que cubrir un
apartado da ficha, o pai, nai ou titor/a legal.

SEGUNDA.- Para inscribirse serán necesarios os seguintes datos: Nome, Apelidos,
teléfono de contacto, data de nacemento e nº do DNI . Antes de iniciarse o concurso
será necesaria a presentación do DNI ou outro documento identificativo e asinar a ficha
de solicitude que certifica a aceptación das bases.

TERCEIRA.- O tema sobre o que versarán os traballos será o programa xuvenil musical
“Castroconcertos”. Os traballos serán orixinais e inéditos. Non se admitirán traballos
que teñan contidos políticos, irreverentes, obscenos, xenófobos ou calquera outro que
atente contra a dignidade das persoas. Así mesmo, os traballos deberán referirse ó tema
musical, incorporando nos bosquexos o texto íntegro “Castroconcertos” e
www.xuventudevigo.org e o logo de Súbete ó Castro.

CUARTA.- Todos @s aspirantes deberán presentar un bosquexo co traballo que vaian
realizar antes do venres 20 de Abril ás 20:00 horas nas instalacións de Súbete ó Castro
en formato dixital, ou en soporte papel en tamaño A4.

QUINTA.- Os sprais serán entregados pola organización. No caso de precisar algunha cor
fora das cores bases que facilita a organización, será por conta participante. A gama
cromática que cede a organización é a seguinte:

• Negro
• Branco
• Vermello
• Azul
• Verde
• Amarelo

A superficie da que disporán para facer os seus traballos será o escenario anexo ó centro
de lecer xuvenil Súbete ó Castro, onde se celebran os Castroconcertos.
SEXTA.- As inscripcións pódense descargar na páxina www.xuventudevigo.org. ou
enviando un correo electrónico ó seguinte enderezo: subeteocastro@vigo.org. O prazo
de inscripción comeza o día 2 de Abril e remata o 20 de Abril ás 20:00 h.

SÉTIMA.- O xurado estará composto por profesionais cualificados e persoal do Súbete ó
Castro que valorarán a orixinalidade, a calidade artística e a dificultade da execución.
As obras premiadas quedarán en poder da organización do evento, a que se reserva o
dereito de reprodución total ou parcial. Bases do Concurso de graffiti “Castroconcertos”
OITAVA.- A organización resérvase o dereito a penalizar a aqueles grupos nos que algún
compoñente adopte algunha actitude violenta, falta de respecto ao resto de
participantes ou asistentes, chegando incluso a anular a decisión do xurado e expulsión
do campionato.

Tamén se poderá penalizar coa negación a participar noutros eventos a aqueles grupos
que sen avisar e sen causa xustificada, non se presenten a concursar.
Serán motivo de descalificación do concurso as seguintes situacións:
• A realización de graffitis ou tags fora dos espazos designados pola organización.
• A execución de graffitis que constitúan apoloxía da violencia, así como as obras
de contido racista, sexista ou xenófobo ou obsceno, así como calquera outro
motivo que atente contra a dignidade das persoas.

• A alteración das obras doutros participantes.
• O plaxio das obras doutros artistas.
• A non correspondencia das obras co seu bosquexo orixinal.
NOVENA.- A participación en dito concurso implica a aceptación das bases na súa
totalidade.

A decisión do xurado será inapelable, podendo quedar desertos, se os xuíces
o estiman oportuno.

No hay comentarios: