Etiquetas
15MVigo
actividades
agenda
arte
artesanos
barrios de Vigo
Bouzas
Brincadeira Bouzas
cacicadas
Calvario
Camelias
Candela
Cangas
casco vello
charlas
colectivos
Comarca y alrededores
comunicados
conciertos
concursos
conferencias
cultura
cursos
Desfeites
desinformacion
exposiciones
ferias
folgas
fotos
furanchos
galego
gastronomia
homenaje
humor grafico
locales
manifestación
memoria histórica
morrazo
museos
musica
Notas publicadas con retraso
novas
ons
pobreza
Poesía
política
puerto
reportajes
republica
routeiros
rua
sucesos
talleres
tecnologia
Teis
trasporte
videos
Vitrasa
wifi gratis
xancarajazz
jueves, 19 de abril de 2012
Últimas 3 funcións de MALEZA en Teatro Ensalle (Vigo)
A compañía Teatro Ensalle está vinculada á sala alternativa homónima, este é un feito que dótaa de certa perspectiva en canto a narrativas escénicas emerxentes, tanto en danza como en teatro.
Esta observación das distintas liñas que se están a levar a cabo, así como o feito de poder compartir inquetudes con profesionais de distintos ámbitos culturais, lévalles a elaborar novas linguaxes escénicas e a investigar sobre as posibilidades destes no que a comunicación co público refírese.
Unha das preocupacións máis observadas nos creadores contemporáneos é a formal, existe a posibilidade de que xa se fixo todo?, obviamente non, son moitos os movementos artísticos que, aínda existindo en expresións artísticas como a pintura ou a escultura, non tiveron reflexo nos escenarios ata principios deste século.
Desde o punto de vista do contido, as temáticas tamén preocupan aos autores contemporáneos, non é tan só como contar, senón que contar, nunha sociedade que se protexe cada día máis, que se illa e reforza as barreiras por medio, en parte, da tecnoloxía, é difícil saber que lle preocupa verdadeiramente á xente. Desde distintos foros artísticos apúntase á necesidade de que os autores asuman riscos, de que as súas temáticas sexan máis persoais, mais espidas de ficción.
MALEZA
Teatro Ensalle Rua Chile, 15, Vigo 986 485 609
Venres á(s) 22:00 - Domingo á(s) 21:00
Ficha Artística:
Eva Alfonso, Artús Rei, Raquel Hernández e Jorge Rúa. Dirección, dramaturxia, iluminación e espazo escénico: Pedro Fresneda. Apoio coreográfico: Carmen Werner. Apoio iluminación: Antón Ferreiro Espazo escénico: Teatro Ensalle Distribución: Lilli Zecchin Fotos: Bieito Rei Web: David Santos É unha produción de Teatro Ensalle S.L.L.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario