Etiquetas
15MVigo
actividades
agenda
arte
artesanos
barrios de Vigo
Bouzas
Brincadeira Bouzas
cacicadas
Calvario
Camelias
Candela
Cangas
casco vello
charlas
colectivos
Comarca y alrededores
comunicados
conciertos
concursos
conferencias
cultura
cursos
Desfeites
desinformacion
exposiciones
ferias
folgas
fotos
furanchos
galego
gastronomia
homenaje
humor grafico
locales
manifestación
memoria histórica
morrazo
museos
musica
Notas publicadas con retraso
novas
ons
pobreza
Poesía
política
puerto
reportajes
republica
routeiros
rua
sucesos
talleres
tecnologia
Teis
trasporte
videos
Vitrasa
wifi gratis
xancarajazz
martes, 3 de abril de 2012
Músicos rueiros en Vigo, "La Cuerda Fija"
Músicos rueiros en Vigo, "La Cuerda Fija"
Decidido a recuperar o costume de porme a cámara ao pescozo e saír a dar unha volta pola cidade, pouco despois do sete da tarde cando o sol comeza a fuxir velozmente pero aínda permite non forzar o sensor, baixei a dar unha volta polo Calvario, barrio de traballadores na cidade de Vigo.
As actividades comerciais e culturais deste barrio céntranse no paseo de Urzaiz, onde atopei a Juan Campoamor e David, integrantes de "La Cuerda Fija" . Juan (Cubano) e David (Chileno) non quedan sentados esperando o gran contrato, que se esperan, pero mentres os grandes contratos fanse esperar tocan en pequenas salas e gravan as súas propias cancións que pon libremente a disposición do público en Internet.
E como non, tocan na rúa, segundo palabras de Juan "A mellor sala de ensaios posible, podes medir o efecto do teu traballo co máis real dos públicos e páganche"
Juan coincide con outros artistas cos que falei en que a música rueira é un traballo vocacional, menos rendible que hai algúns anos pero tamén as salas pagan menos que antes ou pretenden non pagar, por tanto o espazo público moitas veces resulta unha forma máis digna de traballar que nos bares de copas.
A foto da moza que mira a recadación e non aos músicos, mostra unha realidade, pero por sorte hai outras.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario