miércoles, 25 de abril de 2012

Concerto benéfico para a manifestación do 12M, Vigo



Vaise a cumprir un ano da gran manifestación do 15 de maio do 2011 que dinamizou os movementos sociais en todo o estado español e  o mundo. Aquel día logo das manifestacións en todas as cidades, chegou a noticia da represión en Madrid e imitando os campamentos da "Primavera Árabe"  decenas de miles de persoas acamparon nas súas respectivas cidades.

Un ano despois o coñecido como 15M a derivado en distintas agrupacións e asembleas que traballan co mesmo rumbo e coa conciencia de que isto recentemente comeza, prepárase unha gran manifestación para do 12 de maio.

No contexto de recadar fondos fondos para difundir a manifestación, as agrupacións convocantes  han organizado un concerto.

Comunicado: 

O venres 4 de maio imos a armala,un concerto por todo lo grande, no que participarán dous das mellores bandas do panorama musical vigués, e si cadra algunha sorpresa mais, nunha das mellores salas da cidade.

O que se saque de este tremor vai para gastar na difusión e demais parafernalia que fai falla na manifestación do día 12 de maio as 22hs no Torreiro da Festa. Rogelio Abalde, 16, 36201, Vigo.


 Quéres aportar o teu grao de area?, tes a oportunidade ahí mesmo. Agardámoste.




No hay comentarios: