Reproducimos aquí a carta coa que esta organización política tenta explicar á cidadanía este despropósito sen entrar en detalle sobre o porqué desta actitude destrutiva por parte do tres grandes sindicatos desta cidade.
CARTA ABERTA DE ESQUERDA UNIDA Á CIDADANÍA ANTE AS CONVOCATORIAS CONCURRENTES DO 12 DE MAIO EN VIGO
As organizacións sindicais maioritarias no sector da construcción naval (CIG, CCOO e UXT), veñen de convocar para o vindeiro sábado 12 de maio unha manifestación en Vigo en apoio do sector que, lamentablemente e sen entrar a detalle dos porqués, coindice en data e hora coa mobilización global de movementos sociais organizada entre outros por Democracia Real Ya, ECOAR, 15M.
ESQUERDA UNIDA, como movemento político e social non pode máis que lamentar a falla de acordo para confluir nunha soa mobilización. E o facemos porque entendemos que os motivos das dúas convocatorias corresponden a demandas sociais análogas. Porque as dúas convocatorias entenden non temos que ser os traballadores e traballadoras as que paguemos a crise, porque defenden activamente que a corresponsabilidade dos cargos públicos eleitos é coa cidadanía que representan, entre eles uns traballadores e traballadoras do naval que asisten atónitos á apatía dos gobernos ante a dinamitación orquestada dun sector que fai escasamente dous anos aportaba 10.000 postos de traballo directos ao tecido industrial da comarca.
Coñecemos que a data do 12M ten sido escollida a nivel mundial como data na que se celebrarán centos de manifestacións e asembleas en todo o estado, e moitas cidades do mundo, celebrando un ano dos movementos que se deron en chamar 15M pero que son moito máis que unhas siglas, movementos sociais que artellaron unha forma de entender á participación política avanzada e participativa. Sen o 15M no noso país problemas como os salarios e prevendas de cargos públicos, a reforma electoral ou os abusos do sistema financeiro non estarían hoxe na primeira liña do debate político no estado español.
Para ESQUERDA UNIDA visto que se manteñen as dúas convocatorias (por ser unha convocatoria global unha, e por ser imposible artellar unha data que servira de nexo ás tres organizacións sindicais outra) teremos que ser a cidadanía consciente a que fagamos un intento (curioso eso si) de confluencia das dúas mobilizacións.
Confluencia que ten que realizarse dende o espíritu de unidade no obxectivo final que non é outro que unha democracia real, porque democracia é gobernar e lexislar para a maioria social que non somos outros que os traballadores e traballadoras.
Propoñemos, ante esta tesitura o seguinte:
- OPCIÓN 1: Participar na marcha POLO SECTOR NAVAL con saída o sábado 12 ás 19:00 horas dende o cruce de Lepanto con Urzáiz e participar na lectura do MANIFESTO que realiza a MOBILIZACIÓN GLOBAL 12M na Praza da Estrela
- OPCION 2: Participar na MOBILIZACION GLOBAL que sae a mesma hora dende Praza de España e confluir na Porta do Sol onde os sindicatos leeran a súa vez un MANIFESTO EN APOIO ao SECTOR NAVAL
Coidamos que sería unha boa ponte entre movementos sociais e sindicatos de clase como punto de partida para evitar, no sucesivo, concurrencias de mobilización.
Fuente: http://euvigo.org/2012/05/10/carta-aberta-de-esquerda-unida-a-cidadania-ante-as-convocatorias-concurrentes-do-12-de-maio-en-vigo/
Fuente: http://euvigo.org/2012/05/10/carta-aberta-de-esquerda-unida-a-cidadania-ante-as-convocatorias-concurrentes-do-12-de-maio-en-vigo/
No hay comentarios:
Publicar un comentario