Tercer día da acampada Vigo na Farola (2011) |
Como parte do primeiro cabodano do 15M o próximo 15 de Maio a partir das 16hs levarán a cabo en rúa Príncipe de Vigo diversos talleres de contido alternativo que nos axuden a crear unha comunidade mellor. Os talleres faranse ao longo de todo Príncipe e de forma simultánea.
Pasa á acción e coñece as alternativas a un sistema que xa non funciona e no que xa non cremos: novas formas de consumir, de producir, de auto-emprego e autogestión, de transporte, de facer política, de reforma do sistema financeiro, de información, de cultura libre, de educación.
Estas son as mesas para o 15 de Maio:
- Educación e cultura
- Banca ética
- Cooperativismo
- Alternativas de consumo
- Software libre
- Banco do tempo
- Renda básica
- Obxección fiscal
- Redución de residuos no día a día
- Sistema electoral e alternativas políticas
- Alternativas de transporte
- Medios de comunicación
- Cambiar desde dentro
- Vivenda
- Primavera Árabe
- Alternativas económicas
Tamén se realizarán charlas temáticas (enerxías, Internet...), "Monólogo do estudante", Love Police Performance, actuacións en acústico e directo, etc...
Ás 20h darase paso a unha asemblea no mesmo lugar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario