martes, 15 de mayo de 2012

Charla: "Xestión da crise, represión e criminalización da protesta"

Comunicado: 

O sábado 19 de maio ás 20h00 no centro social "A cova dos Ratos" (Romil 3 - Vigo) haberá unha
charla co título: "Xestión da crise, represión e criminalización da protesta" a cargo de José Ángel Brandariz - activista e profesor de Dereito Penal na Universidade de A Coruña.


Reforma do Código Penal. Cadea perpetua. Criminalización da mobilización. Xustificación da violencia policial e a Represión... Nun momento no que os gobernos buscan frear o descontento e as protestas sociais nas rúas, a base de recortar as liberdades civís, resulta máis necesario ca nunca coñecer e reflexionar sobre a blindaxe do estado policial no que xa vivimos.

Organiza: Iniciativa Popular pola Folga Xeral

No hay comentarios: