martes, 8 de mayo de 2012

Aparición dunha nave onde se almacenaban toneladas de animais mortos en Salceda é a constatación de incumplimentos dos dereitos animais


COMUNICADO DE PRENSA

ESQUERDA UNIDA TRASLADARÁ AO SEU EURODEPUTADO WILLY MEYER A SITUACIÓN
DAS PROTECTORAS DE ANIMAIS E DOS GRAVES INCUMPLIMENTOS DE CONCELLOS E CONCESIONARIAS DE RECOLLIDA DE ANIMAIS NO SUR DE PONTEVEDRA

EU considera que a aparición dunha nave onde se almacenaban toneladas de animais mortos en Salceda é a constatación dunha política de incumplimentos dos dereitos dos animais, da insensibilidade social xa que moitos animais poderían ser animais de compañía entregados despois do falecemento e sobre todo de directivas europeas de sanidade e sacrificio animal. 

EU quere que a Comisión Europea investigue se coa crise e os recortes se está xeneralizando o sacrificio masivo de animais sanos en protectoras do sur de Pontevedra. EU pide a creación nos concellos da comarca dun CONSELLO SECTORIAL DE PROTECTORAS DE ANIMAIS como así ven de aprobar o concello de Zaragoza por iniciativa de IU para buscar o “sacrificio cero” nas mesmas.

O responsable comarcal de medio ambiente, Oscar Benavides, lembra que diversas organizacións de protección animal veñen de vello denunciado a xeneralización do uso de eutanásicos prohibidos, masificación de animais nas protectoras e incluso prácticas veterinarias feitas por non titulados, polo que a Comisión Europea debería intervir de inmediato de acordo coas normativas comunitarias.

Concellos como Vigo, Ponteareas ou Redondela, considera EU, poder perfectamente constituír un consello sectorial aberto a todas as asociacións e entidades relacionadas coa protección animal para avanzar no obxectivo de "sacrificio cero" e na creación de figuras como a adopción temporal e outras campañas que contribúan a sensibilizar contra os malos tratos animais.

Dito consello municipal debería volta a redactar a ordenanza municipal para especificar en que condicións pódense retirar animais das Protectoras e, en particular, os criterios de identificación e vacinación dos animais.

EU considera que existen recursos suficientes para tales melloras e lembra que protectoras como as de Vigo reciben 70.000 euros das arcas municipais para tal fin ademáis das donacións privadas que se artellan.

Vigo, 08 de maio de 2012
Consello Comarcal de Esquerda Unida
Agrupación Comarcal de Vigo
www.esquerdaunida.org

No hay comentarios: