martes, 1 de mayo de 2012

A case un ano daquel 15 de Maio, vémonos o 12 de Maio

Vaise cumprir un ano da manifestación que se realizou aquel 15 de maio ao mesmo tempo en todas as cidades do estado español e que deu nome ao agora mundialmente coñecido Movemento 15M.

Logo da manifestación moitos volvían a casa preguntándose e agora que? Convocaran a unha manifestación  para deixar claro que están cansados dunha clase política que non os representa, que xa se deron conta  de que votan e pagan a uns representantes que en realidade representan ás corporacións financeiras, para dicir que querían unha democracia real, ao servizo da maioría dos seres humanos e non do un por cento dono do diñeiro.

O habían logrado, centenas de miles de persoas de diferentes identidades políticas (que non necesariamente sen ela) manifestáronse e comezaron a falar do tabú, política con maiúsculas e non politiquería, comezaron a falar do seu presente e o seu futuro.  Pero preguntábanse onde levarianos todo isto, se non quedaría nunha grande manifestación.

Ao chegar a casa decatáronse de que en Madrid por mor de sufrir represión un pequeno grupo decidiu permanecer acampado indefinidamente en Porta do Sol, seguindo o camiño marcado desde os países árabes, ese grupo facíase cada vez máis grande e pronto o imitaron desde outras cidades, todo comezaba a tomar forma, o pobo organizábase de maneira asemblearia.

Non foi fácil, non está a ser fácil, non se pode rexenerar en poucos días o que se pervertiu durante séculos, é complicado coordinar as expectativas de tantas persoas e como era de esperarse cando se materializa un movemento con verdadeiro potencial de cambio sociopolítico, ese movemento sufrirá infiltración e sabotaxe por parte do un por cento dono do destino de todos.

Aquela manifestación e os sucesos posteriores deron lugar a moitas asembleas, a moitas agrupacións a moitas novas formas de facer política con máis ou menos despulgue das antigas formas, con metodoloxías diferentes e en ocasións ata con expectativas diferentes, pero teñen en común que queren gobernarse e ser gobernados polas corporacións.

Todos nos volveremos atopar este doce de Maio nas nosas cidades, esta vez en todo o mundo, para demostrarlle ao un por cento que non esquecemos a nosa responsabilidade para co noso propio futuro e para demostrarnos a nós mesmos que a organización do noventaenove por cento para tomar as rendas do futuro non só é necesaria, é posible.

A cita en Vigo o 12 de maio é ás 19hs na praza dos cabalos.

Vídeo promo 12MVigo


Blog campaña 12MVigo: www.12mvigo.blogspot.com

  •   









#12MVigo en Twitter
#12MVigo en Diaspora
12MVigo en Facebook :(
#12MVigo en Google+
12MVigo en Youtube

No hay comentarios: