jueves, 18 de junio de 2009

Algúns dos partidos políticos de Vigo comezan a solidarizarse cos metalúrgicos

Quería titular esta recopilación "Os partidos políticos de Vigo comezan a solidarizarse cos metalúrgicos" pero logo de buscar nas páxinas dos partidos Vigueses non quedou máis arranxo que titular "Algúns dos..."

PCPE -DIANTE DA SALVAXE CAMPAÑA DE CRIMINALIZACIÓN E DESPRESTIXIO CONTRA OS NOSOS COMPAÑEIROS DO METAL
NO DÉCIMO DÍA DE FOLGA,FOLLA DISTRIBUIDA POLOS MILITANTES DO PCPE EN VIGO:
Queren o desmantelamento industrial e productivo da Galiza.
Aplican EREs, despedimentos en masa, precariedade e destrucción dos dereitos dos traballadores ata o extremo da escravitude laboral.
O Metal, histórico destacamento de vangarda da clase obreira Galega,

IU-ORIXE DO CONFLICTO. QUE PIDEN OS TRABALLADORES
A orixe do conflicto, como en anteriores ocasións, volta a estar na negociación do novo convenio. A patronal pretende esconderse na crise capitalista, provocada por eles e o seu libre mercado, para arañar unha merma de dereitos no sector. Os tres sindicatos teñen unha proposta unitaria, disposta para a negociación pola súa banda as diferentes patronais son incapaces de artellar unha proposta conxunta e converxen na idea de restar dereitos aproveitando a coxuntura. Mentras os traballadores plantexan un convenio de duración curta de transición no 2009 e voltar a negociar no 2010, a patronal petrende un convenio longo con conxelación salarial e sen tocar a duración do cómputo de xornada anual. A vontade negociadora dos traballadores está ampliamente contrastada pola aceptación de numerosas rebaixas na táboa reinvindicativa inicial, algo inexistente na postura patronal.


PCPG MÁIS SOBRE A LOITA DO METAL: IMPÓNSE A FOLGA XERAL
"O labirinto levou á masa obreira a non dar un paso atrás. A administración, a patronal e os sindicatos maioritarios, o saben. Quedan dúas opcións; a traizón dos traballadores e a baixada de pantalóns ou a loita digna ata gañar. Volvémolo a repetir, a Folga de todo o metal no vai chegar, o carácter indefinido tampouco, imponse a Folga Xeral".
http://nacionalgaliza.blogspot.com/2009/06/cut-de-novo-sobre-loita-do-metal.html

No hay comentarios: