Este venres as 7 da tarde en Teis, Vigo, asistín á reunión da conformación da primeira Mesa de Converxencia Cidadá na cidade olívica. Para o acto desprazáronse dende Ferrol tanto Manuel Ángel Rodríguez Carballeira como Rafael Pillado. Foi un pracer ouvilos. Ámbolos dous son posuidores dunha alongadísima traxectoria no movemento obreiro e sindicalista real: solidarizándose e axudando aos compañeiros de traballo dende a época franquista.
Co acto seguíase o ronsel de varias cidades (Ferrol, Madrid, Puertollano, Valencia…) onde as Mesas xa están presentes e comezan a dar os seus primeiros froitos. Partindo do descrédito actual das organización sindicais e partidos políticos maioritarios é importante sinalar que as Mesas de Converxencia non se identifican con ningunha sigla.
Aos individuos que as conforman úneos a consideración de que o modelo neoliberal (ou capitalista actual) é sumamente inxusto. Así, as mesas nacen coma resposta fronte a ditas inxustizas: recortes sociais, estafas financieiras, submisión dos poderes representativos fronte aos “mercados”… O único denominador común e ideolóxico das membras e membros é a consideración propia de “tratar de converxer”. Parafraseando a Juan Torres López, Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Sevilla “O feito de tratar de converxer é un imperativo moral e da intelixencia política máis elemental.”
As Mesas anceian establecer lazos e unións entre as persoas, rachando o individualismo que resta poder e capacidade de resposta; pártese da base que é o grupo e a unión o que che dá a forza. Persegue catro obxectivos fundamentais: a creación de espazos de comunicación, preocupación-significativación e proposición de solucións ante situacións concretas do entorno local, tentativa de conexión con todas aquelas iniciativas de loita e protesta contra unha saída regresiva á crise á vez que buscan a creación de lazos e complicidades entre as membras e membros.
É de salientar que polo de agora nas localidades onde están presentes apoiaron a algunha das moitísimas familias desahuciada ás que nin sindicatos nin partidos políticos dan resposta (esixindo moratorias de pago aos bancos, revisións das débedas, creando salarios sociais de urxencia, etc.).Estímase que son máis de 300.000 no Estado Español e ao redor de 23.000 na Galiza. Estamos a falar de cifras demoledoras.
Hai prevista unha xuntanza das "mesas para a converxencia social" no centro cívico de Teis mañá (16/05/11) as 20:00 horas.
Enviado por Lucía López
Etiquetas
15MVigo
actividades
agenda
arte
artesanos
barrios de Vigo
Bouzas
Brincadeira Bouzas
cacicadas
Calvario
Camelias
Candela
Cangas
casco vello
charlas
colectivos
Comarca y alrededores
comunicados
conciertos
concursos
conferencias
cultura
cursos
Desfeites
desinformacion
exposiciones
ferias
folgas
fotos
furanchos
galego
gastronomia
homenaje
humor grafico
locales
manifestación
memoria histórica
morrazo
museos
musica
Notas publicadas con retraso
novas
ons
pobreza
Poesía
política
puerto
reportajes
republica
routeiros
rua
sucesos
talleres
tecnologia
Teis
trasporte
videos
Vitrasa
wifi gratis
xancarajazz
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario