O candidato de EU Rubén Pérez considera que a implantación do modelo do actual director Pierre Anni o sistema LEAN ten que ser combatido dende dentro e dende fóra da planta. Vigo non pode permitir que a súa cidadanía se convirta en “semiesclavos” dun modelo de producción asiático e perigoso en materia socio-laboral. Rubén Pérez, candidato de ESQUERDA UNIDA á alcaldía de Vigo mantivo onte unha xuntanza coa sección sindical de CCOO en PSA PEUGEOT-CITROEN para dar traslado do apoio de EU ao traballo dos compañeiros e compañeiras de CCOO ante a escalada de presión e abusos da dirección da empresa sobre a plantilla.
Rubén Pérez suliñou a necesidade de abortar de raíz o intento da dirección de Citröen de empregar un modelo avanzado do sistema de fabricación LEAN e o control do asentismo como instrumentos de coacción laboral, feito que sistemáticamente prodúcese nos centros productivos que asumen este criterio de organización industrial.
Padro Comesaña, da sección sindical de CCOO informou do expedente aberto a varios traballadores por denunciar a situación preocupante de falla seguridade e hixiene laboral nos centros de pintura, feito que a pesar de demostrarse real, non impediu que a empresa abrira o devantido expediente, nun claro xesto de evitar que a conflictividade e a situación de presión que vive a plantilla de PSA sexa pública e coñecida por toda a cidade. Rubén Pérez anunciou que de seguir adiante o expediente o deputado Gaspar Llamazares formulará una pregunta parlamentaria dirixida ao ministro de traballo sobre a situación na que traballan os turnos laborais da planta viguesa.
Tanto CCOO de PSA como ESQUERDA UNIDA suliñaron que non poden ser os traballadores e traballadoras de PSA os que paguen a crise, recordaron que a planta non contrata plantilla dende fai dous anos e medio, sigue un constante goteo de despidos encubertos o que fai que a actual plantilla da planta esté nos mínimos históricos, mentres o grupo PSA anunciou que no 2010 tivo un beneficio por enriba dos 1400 millóns de euros.
Rubén Pérez igualmente deu traslado das preguntas formuladas por ESQUERDA UNIDA no Parlamento sobre as axudas públicas ao grupo PSA e que ascenden a un montante de 210 millóns de euros dende 2008 non estando ningunha delas condicionadas ao mantemento de emprego, feito que para ESQUERDA UNIDA é lamentable e demostración dun goberno que defende á patronal e non aos traballadores.
Fuente: www.euvigo.org
Etiquetas
15MVigo
actividades
agenda
arte
artesanos
barrios de Vigo
Bouzas
Brincadeira Bouzas
cacicadas
Calvario
Camelias
Candela
Cangas
casco vello
charlas
colectivos
Comarca y alrededores
comunicados
conciertos
concursos
conferencias
cultura
cursos
Desfeites
desinformacion
exposiciones
ferias
folgas
fotos
furanchos
galego
gastronomia
homenaje
humor grafico
locales
manifestación
memoria histórica
morrazo
museos
musica
Notas publicadas con retraso
novas
ons
pobreza
Poesía
política
puerto
reportajes
republica
routeiros
rua
sucesos
talleres
tecnologia
Teis
trasporte
videos
Vitrasa
wifi gratis
xancarajazz
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario