Este é un blog dedicado a Vigo e arredores pero como non teño noticia dun concerto solidario con Rumbo a Gaza en Vigo consideraremos Santiago como arredores de Vigo e ¡a xuntar coches para ir.!
Concerto solidario con Rumbo a Gaza en Santiago de Compostela: Será na Sala Nasa, o próximo 4 de Maio, às 21:30. Ali estarán Quempallou, The Homens, García MC. A “ordem e o progresso” correrán por conta de Carlos Blanco. O billete é de 5€ e os benefícios serán para a II Flotilla da Liberdade, que en breve zarpará Rumbo a Gaza. Con 15 buques e centos de cooperantes de mais de 50 países, Galiza entre eles. Con axuda para a castigada populación da Faixa. Coa intención de furar o bloqueo, cruel e ilegal, a que a ten submetida Israel.
Argumentos: Fuente (Alfredo Iglesias Diéguez, Esculca)
A Faixa de Gaza é un territorio de 360 Km2 onde actualmente viven millón e medio de palestinas e palestinos que, dende o 12 de xuño de 2007, sofre un brutal e obsceno bloqueo -imposto pola que se chama 'única democracia de Oriente Próximo', tras o triunfo electoral de Hamas nese territorio-, que ten consecuencias lamentables sobre a vida do pobo palestino ao desabastecelo de alimentos, material sanitario, combustible.... Porén, este bloqueo non é un feito illado: ao bloqueo cómpre engadir, ademais, a expropiación de recursos naturais tan vitais como a auga, a destrución de árbores e campos e a destrución de casas e outras infraestuturas vitais (escolas, universidades, centrais eléctricas, estradas...), feitos lamentables que están a provocar que o 80% da poboación palestina viva por debaixo do límite da pobreza con menos de 2,10$ diarios, que a taxa de desemprego entre a poboación activa palestina sexa do 50% e que o futuro do pobo palestino estea severamente ameazado, como se desprende de diferentes informes elaborados nos últimos anos.
Precisamente para romper ese bloqueo, no ano 2009 formouse a coalición internacional da Freedom Flotilla, que se rexe por un decálogo que se basea nos seguintes principios: o respecto dos dereitos humanos, sen distinción de raza, xénero, relixión, orientación sexual, idioma... e a adhesión aos principios da non violencia; o cumprimento das resolucións das Nacións Unidas e do dereito internacional; os territorios ocupados por Israel dende o 5 de xuño de 1967 deben ser devoltos aos seus lexítmos habitantes, polo que o Estado de Israel ten que por fin ao bloqueo e ao control a que están sometidos, retirar o exército de ocupación, derribar todas as barreiras construídas para restrinxir a circulación da poboación e revogar todas as leis israelís que limitan a liberdade de acción da poboación palestina neses territorios; o Estado de Israel debe recoñecer os dereitos fundamentais ás cidadás árabe-palestinas e aos cidadáns árabe-palestinos de Israel; o recoñecemento do dereito a todas as refuxiadas e a todos os refuxiados ao retorno do exilio, tanto para si comopara os seus descendentes, así como o dereito a recuperar as súas propiedades e a obter unha indemnización polo uso indebido dos seus bens, que de conformidade co dereito internacional non pode ser negocible individualmente, senón que é un dereito colectivo de aplicación individual. Así mesmo, a Coalición, en tanto que solidaria co pobo palestino, non apoia a ningún partido político nin a ningunha organización concreta.
Mais Info: www.bds-galiza.org
Cartaz en PDF: www.esculca.net/pdf/flotilha.pdf
Etiquetas
15MVigo
actividades
agenda
arte
artesanos
barrios de Vigo
Bouzas
Brincadeira Bouzas
cacicadas
Calvario
Camelias
Candela
Cangas
casco vello
charlas
colectivos
Comarca y alrededores
comunicados
conciertos
concursos
conferencias
cultura
cursos
Desfeites
desinformacion
exposiciones
ferias
folgas
fotos
furanchos
galego
gastronomia
homenaje
humor grafico
locales
manifestación
memoria histórica
morrazo
museos
musica
Notas publicadas con retraso
novas
ons
pobreza
Poesía
política
puerto
reportajes
republica
routeiros
rua
sucesos
talleres
tecnologia
Teis
trasporte
videos
Vitrasa
wifi gratis
xancarajazz
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario