"Planeta en venda": O mércores 13 de novembro, ás 20.00 h. en XUNTAS CSOA.
Documental sobre a carreira polo control de terras cultivables en todo o mundo. Nos últimos anos cambiaron de mans vinte millóns de hectáreas e, de continuar a tendencia, deceas de millóns seguirán a mesma sorte.
A crise financieira de 2008 espertou ao mundo das finanzas, que viu na agricultura un novo mercado, moito máis seguro que a especulación bursátil. O repentino interese dos inversores polas terras cultivables débese a que se deron conta de que con ese tipo de inversión non corren risco de quebra.
O filme prantea o debate sobre o beneficio real que obteñen os países propietarios das terras con estas inversións. Na maioría dos casos, os recén chegados poden crear unha sociedade en só unhas horas, importar a súa propia maquinaria sen pagar aranceis e beneficiarse de exencións fiscais. Países pobres, como Etiopía, non están en situación de impoñer as súas condicións aos arrendadores. E no caso de que o fagan, negocian polo ben da poboación ou polo duns poucos? A resposta está nos contratos que firman, pero nin os estados nin as empresas estranxeiras son transparentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario