martes, 20 de noviembre de 2012

Concentración e manifestación en Vigo en defensa do Pobo palestiniano

Concentración e manifestación en Vigo en defensa do Pobo palestiniano


Unhas 400 persoas manifestáronse hoxe en Vigo en solidariedade co pobo palestiniano, na manifestación convocada por Galiza por palestina (Vigo) e BDS Galiza, estiveron presentes BNG, EU, Asebmlea Republicana de Vigo e máis forzas.


A causa da convocatoria foi o atroz ataque israelí que vive nestes momentos a franxa de gaza, consígnalas nás escoitadas foron "ou sionismo e ou terrorismo", "fora sionistas de Palestina" i "Palestina vencerá"

Un dos comunicados lidos.


Catro anos despois da operación “Chumbo Derretido” no 2008, Israel volve bombardear e masacrar á castigada poboación da Franxa de Gaza.
Este pasado mércores 14 de novembro, baixo o pretexto de eliminar ao líder de Hamás, Israel iniciou un ataque militar contra a poboación civil de Gaza baixo o nome “Operación Pilar Defensivo” que, terriblemente, conta xa con 70 persoas asasinadas (entre elas un elevado número nenos e nenas) e máis de 590 feridos.
A mobilización por parte do exército de Israel de 75.000 reservistas e as declaracións de Benjamín Netanyahu, anunciando que a operación seguirá adiante e que o Exército estase a preparar para unha "importante extensión das operacións", son unha mostra da acción planificada de inminente invasión da Franxa de Gaza, reafirmándose así na súa política de ocupación e de limpeza étnica coa poboación palestina.
O cruel asasinato selectivo sobre poboación inocente, desarmada e indefensa, fai deste ataque unha operación ilegal, que incumpre o Dereito Internacional, e que só se pode denominar XENOCIDIO.
Son varios os países que amosaron nestes días a súa solidariedade coa poboación palestina, máis tristemente, os países occidentais e as Autoridades Internacionais permanecen caladas, sendo así cómplices deste CRIMEN CONTRA A HUMANIDADE.
A gravidade da situación merece unha resposta unánime por parte todas, e unha condena enérxica desta barbarie, defendendo os tan vulnerados dereitos dos palestinos e palestinas.
Basta xa da impunidade do réxime sionista!
Solidariedade con Gaza!!



Agradecemos a GZVideos a sua  excelente videocobertura




No hay comentarios: