lunes, 4 de junio de 2012

Proxección documental "Mirar a la ventana"


Espazo Aberto Antimilitar en colaboración co Colectivo Maduras presentan o venrnes 8 de xuño, ás 20.30 horas, en A Cova dos Ratos (Romil 3, Vigo) o documental “Mirar a la ventana”, o cal achéganos á insubmisión contada polas mulleres que acompañaron a fillos, parellas, irmáns,… implicados nesta loita.
A entrada é libre.
“Mirar a la ventana” é un documental que narra a historia de 12 mulleres extremeñas que, na década dos ’90, vinculáronse ás Campañas de desobediencia civil, non violenta, pública, aberta, transformadora colectiva e ilegal denominada Insubmisión. A súa vinculación non foi por afinidade política ou ideolóxica senón afectiva; a excepción de María que participou dambas. Plasma desde a voz da muller, ese espazo de resistencia que cada unha delas xerou nas liñas básicas do seu día a día (Familia, entorno social, afectivo ou ideolóxico,…) e como esto afectou ás súas vidas.
As mulleres das que falamos chámanse María, Susana, Natalia, Micaela, Nati, Bea, Agustina, Elena, Inma, Mari, Montaña e Mari Carmen. Case tres xeneracións de mulleres que viviron en Extremadura (España). Elas son todos estos nomes e todos os nomes de muller que non dixemos. Para todas e para cada unha delas, a voz e o noso agradecemento.

Trailer "Mirar a la ventana":
www.miraralaventana.com
www.nonaogastomilitar.org

No hay comentarios: